O Goberno Local formaliza o inicio do rescate dos aparcadoiros de Venezuela, Coruña e Fernando el Católico
A Xunta de Goberno Local, reunida este venres en sesión ordinaria, acordou iniciar formalmente a reversión dos tres aparcadoiros en concesión á empresa Conycase, que ten contraída unha débeda co Concello de Vigo que ronda os 500.000 euros. O alcalde afirmou que esta decisión é "o mellor para a cidade" ao tempo que transmitíu tranquilidade aos traballadores ao garantir os seus postos de traballo. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres ao remate da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do acordo adoptado polo executivo municipal que inicia os trámites formais cara o rescate da concesión dos aparcadoiros soterrados de Venezuela, rúa Coruña e Fernando El Católico.
O rexedor local indicou que a empresa concesionaria non ten satisfeito o máis de medio millón de euros que debe ás arcas municipais, 70.000 euros en concepto dos canon non satisfeitos dos anos 2005, 2007 e 2008 e 481.000 de impostos sen pagar.
O alcalde salientou que esta "é unha mala situación" para Vigo polo que a decisión adoptada polo goberno local é "o mellor para a cidade". Por outra banda, Abel Caballero enviou unha mensaxe de tranquilidade aos traballadores dos tres aparcadoiros concedidos a Conycase, a quen garantiu o mantemento dos postos de traballo independentemente do resultado da reversión administrativa iniciada.
Situados en lugares estratéxicos, o aparcadoiro de maiores dimensións é o a rúa Coruña, que dá servizo á Delegación de Facenda e aos Xulgados con 548 prazas. O segundo en tamaño é o da rúa Venezuela, con 447 prazas, e o máis pequeno é o de Fernando o Católico, con 298 lugares de estacionamento.