Santi Domínguez anuncia o investimento de 3.648.520 euros na reurbanización de 16 rúas do Casco Vello
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, anunciaron este xoves novos proxectos de reurbanización de 16 rúas do Casco Vello, que supoñen un investimento de 3.648.520 euros. As actuacións previstas, tanto no entramado viario, como no alumeado, pavimento e acometidas eléctricas, levaranse a cabo nun total de 9.578 metros cadrados, co obxectivo de configurar espazos cun marcado carácter peonil.
"A aposta pola recuperación integral do Casco Vello supón a actuación en varios frentes, como é a rehabilitación de edificios, a reforma do eixo Elduayen- Paseo de Alfonso, a recuperación social do barrio cos coidadores, e agora imos poñer en marcha a reurbanización de diferentes rúas", salientou o tenente de alcalde. Neste sentido, Santi Domínguez explicou que o abandono non só afecta aos edificios, senón tamén ao entramado viario, o pavimento e o alumeado, entre outros ámbitos, polo que as actuacións previstas se levarán a cabo "nos diferentes aspectos, como se o Casco Vello fora un rompecabezas".
Santi Domínguez subliñou que o proxecto de reurbanización ten por obxectivo "mellorar o espazo público para revitalizar o contorno, creando novas espectativas de actividade económica e social no Casco Vello". Deste xeito, darase prioridade á configuración de espazos peonís, á mellora dos servizos urbanos existentes, soterrando os actuais tendidos aéreos; á instalación de novas infraestruturas, como telecomunicacións e subministro de gas; á adaptación do saneamento existente ás novas necesidades; á renovación do alumeado e alumeado públicos; e a instalación de sistemas de control de accesos nas rúas de entrada ao Casco Vello, mediante a colocación de balizas, en colaboración co departamento de Tráfico.
A reurbanización, que conta cun orzamento de 3.648.520 euros, refírese a seis proxectos de actuación, segundo explicou a concelleira de Patrimonio Histórico. O primeiro deles, dotado con 483.189 euros, supón a remodelación das rúas San Bernardo, Xuanelo, Peñasco e San Xulián, que a xuízo de Elena Maure "integran espazos únicos na cidade". Respecto ao segundo proxecto, a edil nacionalista explicou que se realizará nas rúas Balesta, Gamboa, Fermín Penzol e Joaquín Yáñez, "unha das zonas de acceso ao Casco Vello e que conecta o casco histórico co Ensanche". Conta cun orzamento de 825.145 euros.
O terceiro proxecto, cun orzamento de 337.036 euros, prevé actuacións nas rúas Cruz Verde e Abeleira Menéndez, "a parte alta do Casco Vello, que conecta Elduayen e a praza do Rei". O seguinte proxecto refírese tamén á parte alta do Casco Vello, xa que supón a mellora das rúas Ferrería, San Sebastián e Subida á Costa, e conta con 703.582 euros. O quinto proxecto, de 384.097 euros, abrangue á rúa Santiago, que segundo explicou a concelleira de Patrimonio Histórico "conecta o Paseo de Alfonso coa rúa Cachamuíña, presenta unha forte pendente e está moi delimitada polas construcións das marxes". Finalmente, o sexto proxecto, dotado con 915.469 euros, desenvolverase nas rúas Poboadores e San Francisco, "que conectan o Paseo de Alfonso e o Berbés e presentan zonas características e únicas de todo o Casco Vello", segundo salientou Elena Maure.
Descargar todas as imaxes