Escoitar

O alcalde e membros da Corporación ofrecen unha recepción oficial a Chus Lago á súa volta do Polo Sur

Abel Caballero, acompañado doutros membros da Corporación Municipal de Vigo, recibiron este xoves á alpinista e concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, quen ven de conseguir o fito de percorrer en solitario 1.200 kilómetros da Antártida. Os seus compañeiros de Corporación felicitaron a Lago, quen chegou a Vigo con 9 kilos menos.

xoves, 22 xan 2009
1232634216chus1.jpg.JPG
Unha nutrida representación da Corporación Municipal de Vigo, encabezada polo alcalde, ofreceu este xoves unha recepción oficial á edil de Medio Ambiente e alpinista Chus Lago, quen volveu onte mércores da súa travesía en solitario ao Polo Sur.

"Foi unha das experiencias máis duras da miña vida", explicou Chus Lago, quen regresou con 9 kilos menos da Antártida despois de percorrer en preto de 60 días 1.200 kilómetros do continente xeado.
Descargar todas as imaxes