Escoitar
O sector da pedra natural de Galicia asina un convenio de colaboración co Concello

O Centro Tecnóloxico do granito asesora ao Concello nas novas obras de humanización da cidade

O Concello de Vigo e o sector da pedra natural de Galicia asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de asesorar nas obras de humanización da cidade nas que o granito xoga un papel fundamental. Para iso, o sector da pedra poñerá a disposición do Concello de Vigo, o coñecemento do Centro Tecnolóxico do Granito (CTG) cuxas funciones centraranse no apoio técnico para a colocación e mantemento de pavimentos e outras obras nas que o material utilizado sexa o granito.

xoves, 22 xan 2009
1232633816granito.jpg
Na sinatura, que tivo lugar esta mañá nas dependencias do Concello, estiveron presentes o alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor Rodríguez, así como representantes da Asociación de Canteiras de Galicia (ACG) e da Asociación Galega de Graniteiros (AGG).

Durante 2009, investiranse máis de 33 millóns de euros en proxectos de reforma das rúas de Vigo. O financiamento corre a cargo do Fondo de Investimento Local para o emprego do Goberno de España. As actuacións estenderanse polos barrios de Teis, Coia, Calvario, Urzáiz, Venezuela, Castrelos, Bouzas, Beade, Matamá, a contorna de Povisa e a praza de Industria.

En palabras de Fernando Varela, presidente da Asociación Galega de Graniteiros, "a obra pública é a mellor alternativa para paliar a crise inmobiliaria que está sufrindo o noso país e sen dúbida axudará ás empresas do sector a manter o maior número de empregos". Varela sinalou no seu encontro co alcalde que "o sector do granito aplaude todas as iniciativas das distintas administracións que fomenten o uso da pedra nas construcións públicas. As súas calidades estéticas e de durabilidad demostraron ao longo da historia que a pedra é o material adecuado para obra e edificios emblemáticos".

Ademais aplaudiu a aposta do Concello de Vigo por dinamizar un sector tan estratéxico como o do granito no área de Vigo. O presidente da AGG destacou tamén que desde o punto de vista técnico, a experiencia dos expertos do Centro Tecnolóxico do Granito servirá para asesorar na colocación da pedra e evitar posibles roturas ou malformaciones do granito en pavimentos e mobiliario urbano.

O sector en cifras

A Asociación Galega de Graniterios aglutina ás 26 empresas máis importantes de transformación de granito de Galicia. O sector factura en torno a 380 millóns de euros ao ano e emprega a 2.900 traballadores. A capacidade produtiva instalada nas empresas que forman a AGG permite que cada ano transfórmense na comunidade autónoma máis de 1 millón de toneladas de bloques de granito, procedentes das canteiras nacionais e da importación doutros países. Galicia representa o 65% do sector do granito en España. Isto significa que, a nivel mundial, a industria galega é a 2ª máis importante de Europa (tras Italia) e a 6ª do mundo.

Descargar todas as imaxes