Escoitar

sin salO Festival Sinsal 7 comeza o 1 de febreiro no MARCO cos concertos de Evangelista, Sir Richard Bishop e Ches Smith<br />

A sétima edición do Festival Sinsal comezará o vindeiro 1 de febreiro no Museo Marco, segundo anunciou este venres o concelleiro de Cultura, Xesus López. Este primeiro concerto da temporada, que terá lugar ás 19.45 horas, estará protagonizado polo grupo de rock experimental Evangelista, o fundador dos Sun City Girl, Sir Richard Bishop e o percusionista de free-jazz Ches Smith.

venres, 23 xan 2009
1232719638sinsal09.jpg
Presentación do festival
"É un pracer presentar o Festival Sinsal, que este ano nos ofrece unha programación de luxo", salientou Xesus López, quen subliñou asemade que se trata dunha cita xa consolidada no panorama musical vigués. Neste mesmo sentido se manifestou a delegada provincial da Consellería de Cultura, María Xesús López, quen ademais expresou os seus parabéns ao Concello de Vigo, e especialmente ao concelleiro de Cultura, polo programa desta edición. "O Sinsal define moi ben á cidade de Vigo, porque é vangardista e espello do que se está a realizar por todo o mundo", subliñou.

Neste primeiro semestre do ano, e tras o primeiro concerto do Sinsal, que se celebrará no MARCO o 1 de febreiro, o festival continúa co seu obxectivo de estender a oferta cultural ao resto de Galiza. Así, o 8 de febreiro terá lugar a Estensión de Sinsal en Compostela, coa actuación de Jeremy Jay no Salón Teatro e 30 de marzo, como novidade, celebrarase o Sinsal Estensión A Coruña, coa actuación de François Breut. O festival voltará novamente a Vigo o 20 de xuño, coa actuación dos congoleses Konono nº 1.
1232719638sinsal09.jpg
1232719547cartelsinsal.jpg
1232710703evangelista.jpg
1232712473chessmith.jpg
1232712506siirrichardbishop.JPG