Emprego destinou no 2008 máis de 60.000 euros para axudas a 57 proxectos emprendedores
O Servizo de Asesoramento a Emprendedores da Concellería de Promoción Económica e Emprego atendeu o pasado ano a 520 empresas, segundo informou este venres o alcalde de Vigo. Abel Caballero e o edil do ramo, Santos Héctor, reuníronse hoxe cos emprendedores vigueses receptores das axudas, que xeraron uns 200 postos de traballo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, recibiron este mércores aos empresarios beneficiarios das axudas directas ofertadas polo departamento municipal no 2008.
Ao remate do encontro, o rexedor informou que o Servizo de Asesoramento a Emprendedores, dependente de Promoción Económica e Emprego, atendeu o pasado ano a un total de 520 empresas e subvencionou con máis de 60.000 euros un total de 57 proxectos emprendedores. Abel Caballero estimou en 200 postos de traballos os empregos derivados dos proxectos apoiados desde o departamento do socialistas Santos Héctor.
Segundo informou o rexedor, ademais das axudas económicas directas, os empresarios da cidade demandaban asesoramento que facilite os trámites administrativos e burocráticos, atención polo que se constituíu o Servizo de Asesoramento e Emprego.
O alcalde valorou moi positivamente que "se mantén vivo o espírito empresarial e emprendedor da cidade", unha das características da poboación viguesa, explicou; e citou algunhas das ramas profesionais apoiadas pola Concellería de Emprego, como as asesorías, as empresas técnicas e de servizos, ou as entidades de publicidade.
Descargar todas as imaxes