O ano 2008 rexistrou un 25% menos de accidentes de tráfico nas rúas de Vigo
O 2008 saldouse cun 25% menos de accidentes de tráfico en relación o ano anterior, segundo o balance da Policía Local que ven de presentar o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Xulio Calviño. O balance indica que rexistraronse 1.412 accidentes con danos, o que representa un 25 por cento menos que o ano anterior e 1.548 accidentes con víctimas o que supón un 10 % menos que o ano 2007.

As rúas que computan maior siniestrabilidade son Gran Vía con 149 accidentes; Travesía de Vigo con 92 e Avd. de Madrid con 70. ( no documento adxunto pódese ver a relación das rúas de maior incidencia de accidentes).
240 foron os atropelos rexistrados no 2008; en paso de peón 131 e fora de paso 109. As rúas de máis lesividade foron Urzaiz, Gran Vía e Camelias. O concelleiro Xulio Calviño lembrou que dende os meses de novembro, decembro e xaneiro a policía está a realizar un maior control nos pasos de peóns con 208 denuncias.
Para amortiguar a siniestrabilidade en paso de peóns o departamento de tráfico puxo en marcha un plan de instalación de bandas reductoras de velocidade que na actualidade están situadas en 35 rúas e se ubicarán en 105 rúas máis. Outras medidas informativas será a instalación en 52 rúas de sinais P-20 con sistema premark e en catro rúas de pasos resaltados.