Escoitar

Curso de Beatbox no "Súbete ó Castro"

O programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro" dependente da Concellaría de Xuventude, está a desenvolver a súa nova programación de actividades para o mes de febreiro. Entre as novidades caben destacar o Curso de Beatbox ou "percusión vocal", que é o arte de executar ritmos tan só coa imitación de instrumentos e a ampla variedade de sons producidos coa boca e a respiración.

mércores, 28 xan 2009
1233151709carlosgende.jpg
O curso gratuíto será impartido por Carlos Gende que colaborou con grupos como a DiosketeCrew ou Machina. Gañador do primeiro premio de '321 click.org' organizado polo concello de Vigo cunha versión do himno galego en beatbox.

As Noites de Esmorga con xogos grupais e os obradoiros para preparar o Entroido: "Deseña o teu disfrace", "Obradoiro de máscaras" e "Obradoiro de maquillaxes" completan a programación do mes.
O vindeiro mes de marzo arrancará o 2º cuadrimestre dos cursos de formación artística e musical que se ofrecen no "Súbete ó Castro", todos gratuítos, destinados preferentemente a mozas/os de entre 14 e 30 anos, e que se estruturan en 3 bloques temáticos:
CIBERCASTRO, os relacionados coas informática e as novas tecnoloxías:
 Mecanografía, Open Office 3.0 (procesador de textos e folla de cálculo).

CASTROESCENA, os relacionados coa danza e as artes escénicas.
 Danza Oriental, Teatro, Break Dance.

CASTROENSAIOS, cursos de formación musical.
 Vocalista, Batería, Baixo eléctrico, Guitarra eléctrica.

A inscrición para todos os cursos está aberta, e para matricularse tan só é preciso acudir ás dependencias do programa (no Parque de O Castro, ao carón da pista de bicicletas) en horario de luns a xoves de 17 a 21, venres de 17 a 23h, sábados de 12 a 14h e de 17 a 23h, e cubrir un formulario. As prazas son limitadas.

Información adicional do monitor do curso de beatbox Carlos Gende:
No correo electrónico gendebeat@gmail.com ou no teléfono 628041790.
www.myspace.com/gendebeat
www.youtube.com/gnd8or
Descargar todas as imaxes