Vigo contará cunha nova galescola con 82 prazas no campus da Universidade
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, asinaron hoxe un convenio para a apertura dunha galescola no campus universitario. O proxecto conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros e disporá de 82 prazas, das que o 75% estarán reservados para fillos e fillas de membros da comunidade universitaria.
O tenente de alcalde subliñou que este convenio é un paso máis na colaboración que ten que existir entre a cidade e a súa Universidade. "É unha fórmula que nos ten que permitir novos retos de colaboración e que permite ir achegando á cidade ao campus", precisou.
Santi Domínguez fixo fincapé no feito de que unha parte das prazas estará reservada para os nenos e nenas da cidade. "É unha maneira de ir completando a rede de galescolas e acabar coa discriminación das familias que non poden acceder a unha praza pública para escolarizar aos pequenos de 0 a 3 anos", dixo.
A galescola do campus sumarase á que xa está funcionando na rúa Palencia e a do Parque Tecnolóxico, que xa está licitada, e comenzará a funcionar no curso 2009-2010. Con estas tres galescolas o Concello de Vigo contará con 255 prazas de educación infantil de 0 a 3 anos.
O vicepresidente da Xunta explicou que esta galescola, a primeira que se pon en marcha nun campus universitario, sumarase á rede de galescolas que a finais deste ano contará con 100 centros e máis de 13.700 prazas públicas en todo o país. Anxo Quintana explicou que en tres anos e medio incrementouse nun 69% o número de prazas e xa se da unha cobertura do 29,4%. Adiantou que no ano 2010 estarase en disposición de acadar o 33% de cobertura que recomenda a Unión Europea.
O reitor salientou que con esta infraestrutura "complétase a dotación de servizos" do campus, ao tempo que explicou que esta galescola será un elemento máis de apertura aos veciños e veciñas das parroquias do arredor que poderán beneficiarse tamén deste servizo. Alberto Gago dixo tamén que a posta en marcha desta galescola permitirá á Universidade avanzar "en algo que para nós é moi importante: a conciliación da vida laboral e familiar".
Descargar todas as imaxes