A Corporación condena os ataques de Israel contra a franxa de Gaza, en Palestina<br />
O pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade, na sesión celebrada hoxe, unha moción pola que se rexeita os bombardeos e invasión levados a cabo polo exército de Israel contra o pobo de Gaza, en Palestina, constituíndo un crime de guerra.
Texto íntegro da moción:
1.- Rexeitar os bombardeos e invasión levados a cabo polo exército de Israel contra o pobo de Gaza, en Palestina, constituíndo un crime de guerra.
2.- Transmitir a solidariedade e apoio á representación do pobo de Palestina en Galiza.
3.- Expresar o seu máis profunda indignación pola dramática situación humanitaria na Franxa de Gaza e esixir ao goberno de Israel que cumpra coas súas obrigacións segundo a lexislación internacional e a lexislación humanitaria internacional poñendo fin ao bloqueo, permitindo o pleno acceso da axuda humanitaria e da prensa internacional.
4.- Saudar a actuación do Goberno en materia de axuda humanitaria co desgregamento de diversos operativos de urxencia e o aumento das achegas, que pon de manifesto o compromiso e a solidariedade que os cidadáns españois teñen cos palestinos.
5.- Instar ao Goberno de España, en virtude da súa capacidade de interlocución con todos os autores da rexión, a desarrollar todas as accións diplomáticas e políticas necesarias para esixir un alto ao lume perdurable, en cumprimento da resolución 1860 do Consello de Seguridade da ONU de 8-1-2009, así como as súas anteriores resolucións sobre Oriente Medio que establecen o dereito do pobo palestino a crear un estado soberano e o dereito do estado de Israel a una existencia pacífica, ao tempo que se demanda no marco das Nacións Unidas o envío inmediato dunha misión de observación e interposición co fin de garantir a fin da blocaxe e da agresión militar.