Vecinos afectados polo trazado do AVE piden á Corporación unha solución dialogada
Un representante da comisión de afectados polo trazado do AVE en Teis solicitou á Corporación municipal que se dirixa ao Ministerio de Fomento para o envíu urxente dos expedientes ao Xurado Provincial de Expropiación, co fin de causar o menor perxuizo posible ás familias xa que as súas propiedades seguen a estar expropiadas.
A petición do representante desa comisión tivo lugar durante a sesión plenaria celebrada hoxe, na que tamén solicitou aos membros da Corporación a realización inmediata dunha xuntanza entre os afectados, Concello e Ministerio de Fomento para procurar unha saída dialogada neste asunto. Tamén pedíu a limpeza do mato acumulado nas fincas expropiadas e indemnizadas polo ministerio e, en caso de non asumir esa limpeza, que sexa o Concello quen a realice.
O pleno aprobou , entre outros asuntos, a modificación do Regulamento do Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade Internacional e a rectificación no inventario municipal de bens e dereitos do Camiño CR Bembrive R-3, anulando a súa consideración como vía pública.
No capitulo de mocións aprobaronse as presentadas polo grupo municipal do PP que referian a inspeccionar e executar os traballos da obra na zona verde de Navia e articular un plan en materia de seguridade; instar á Xunta de Galicia a declarar a supramunicipalidade do proxecto da Cidade da Xustiza; solicitar a Xunta de Galicia os datos reais da dependencia en Vigo e que polo departamento de Vicepresidencia se proceda ó pago ós dependentes; resolver as deficiencias do local da Federación de Asociacións de Veciños e que se inicie , coa maior celeridade posible, o expediente para a realización do Inventario deste Concello.