Escoitar

O Concello mobilizou a case un centenar de policías, bombeiros e operarios municipais a causa do temporal<br />

O alcalde Abel Caballero informou hoxe que máis de 4.000 cidadáns sufriron cortes de luz durante este fin de semana debido ao forte temporal, e que, unha vez comunicada a alerta vermella por parte de Protección Civil, mobilizáronse activos de Policía Local, Bombeiros, Vías e Obras, Limpeza e Alumado.

luns, 26 xan 2009
Segundo manifestou o rexidor, os bombeiros tiveron en total 47 saídas, e mantiveron un retén constante de 28 efectivos durante a fin de semana. Así mesmo, a Policía Local, con 30 axentes durante o día e 20 axentes pola noite, realizou intervencións. A estes efectivos sumáronse 4 operarios de Vías e Obras, 6 de Limpeza, 6 de Alumado e outros 10 das Brigadas de Intervención Rápida, que participaron, entre outras operacións, na limpeza de praias.

Por outra banda, o alcalde confirmou que, na noite do pasado venres, rexistráronse cortes de luz que afectaron a varias zonas da cidade, como rúa Camelias e nas zonas do rural de Candeán, Castrelos, Beade e Bembrive.