venres, 24 abr 2009
Dende o vindeiro luns, 27 de abril, a Casa da Xuventude acollerá unha nova exposición baixo o título "Natureza deportiva", do fotógrafo Pablo Iglesias. A mostra, enmarcada na rolda de exposicións programada por este servizo municipal para o primeiro semestre do 2009, pode visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
mércores, 15 abr 2009
A Concellería de Xuventude propón unha iniciativa dirixida a mozos e mozas de 15 a 30 anos de idade, que consiste en respostar á pregunta "A que edificio pertence e en que rúa está a ilustración proposta?". As persoas que queiran participar poderán recoller na Casa da Xuventude mañá xoves 16 de abril a primeira pista das catro que se facilitarán para solucionar o reto.
luns, 13 abr 2009
A Concellería de Xuventude propón a actividade "Acerta coa ilustración" co gallo da celebración do Día Internacional da Información Xuvenil, o vindeiro 17 de abril. O obxectivo da iniciativa, dirixida a mozos e mozas de 15 a 30 anos de idade, consiste en dar a coñecer á mocidade as propostas que ofrece a Concellería de Xuventude mediante a resposta á pregunta "A que edificio pertence e, en que rúa está a ilustración proposta?".
mércores, 8 abr 2009
Dende o vindeiro luns, 13 de abril, a Casa da Xuventude acollerá unha nova rolda de exposicións protagonizadas por mozos e mozas artistas e que poden visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 09 a 14 horas e de 17 a 20 horas. "Tempo imaxinario", das artistas licenciadas en Belas Artes pola Universidade de Vigo Haya Blanco, Carolina Caluori, María Castellanos e Olalla Cortizas, será a primeira que se exporá, do 13 ata o 24 de abril.
venres, 3 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, sinalou este venres que o Centro Quérote e o exemplo da aposta que fixo o goberno da Xunta saínte a prol da mocidade. Asemade, o concelleiro salientou a valoración tan positiva que o centro está tendo por parte dos seus usuarios e usuarias. Dende o mes de xaneiro ao 31 de marzo recibíu 591 visitas presenciais, 260 en internet e 124 consultas telefónicas.
mércores, 25 mar 2009
O Punto Xove da Concellería de Xuventude proxecta o xoves, día 26 ás 18:30, o traballo "Utopía" da ilustradora e deseñadora gráfica Ana Pérez Cerviño.
mércores, 25 mar 2009
El Punto Joven de la Concejalía de Juventud proyecta el jueves, día 26 a las 18:30, el trabajo "Utopía" de la ilustradora y diseñadora gráfica Ana Pérez Cerviño.
mércores, 11 mar 2009
O Punto Xove da Concelleria de Xuventude programa para o xoves, día 12, a proxeción da curtametraxe Retornados, dirixida por Angel Alonso, gañador do certame Curtas na Rede 2007 na categoría Emigración. A actividade está organizada pola ONG viguesa Asociación Inclusión.
mércores, 11 mar 2009
El Punto Joven de la Concejalía de Juventud programa para el jueves, día 12, la proyección del cortometraje Retornados, dirigida por Angel Alonso, ganador del certamen Cortos en la Red 2007 en la categoría Emigración. La actividad está organizada por la ONG viguesa Asociación Inclusión.
martes, 3 mar 2009
Con motivo da Campaña de Verán 2009, a Concellaría de Xuventude de Vigo, en colaboración con Renfe, procederá un año máis ao sorteo dun billete dobre modalidade GLOBAL PASS, co obxecto de que a mocidade teña a oportunidade de viaxar por Europa e gozar dunha experiencia inolvidable.