Éxito dos campamentos de verán, que este ano incrementaron ata 1.700 as prazas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, subliñou este venres que os campamentos de verán que organiza a Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Igualdade son "espazos de lecer que axudan a compatibilizar a vida familiar e laboral". No trancurso dunha visita que realizou ao campamento de verán que ten lugar no pavillón das Travesas, na que tamén participaron a concelleira de Xuventude e o concelleiro de Deportes, destacou a aposta que fai o goberno local ao ofertar 1.700 prazas para rapaces e rapazas de 4 a 15 anos.
Este no incrementouse o número de prazas e tamén a oferta. "É moi importante que axudemos aos pais e nais que non teñen vacacións", afirmou o tenente de alcalde, quen asemade subliñou que a Concellería de Xuventude está a facer un esforzo que nunca se fixera nesta cidade". Neste sentido felicitou á concelleira de Xuventude Iolanda Veloso e a seu equipo "polo traballo que están a desenvolver" no incremento da oferta de lecer nos meses de verán.
Respecto ás prazas ofertadas, Santi Domínguez indicou que das 1.700 totais "só quedan 150 para o campamento urbano que se celebrará en agosto nas Travesas e 20 para o campamento náutico organizado no concello lugués de Taboada". Asemade, fixo referenza á oferta das ludotecas e salientou que "por primeira vez" cubriron o 100% da prazas ofertadas. "Isto quere dicir que acertamos plenamente cando decidimos ampliar a oferta, e que é o camiño polo que temos que seguir", salientou.
Iolanda Veloso, respecto ao custe das distintas iniciativas do programa de verán, destacou que a Concellería de Xuventude "procura ofertar distintas actividades que se adapten ás distintas circunstancias da xente". Sinalou que "hai actividades cun custe moi baixo e outras de custe máis elevado, como as de hípica ou música, pero sempre pensando que é preciso poñer recursos para a conciliación da vida laboral e familiar", indicou.
Ademais, e coindicindo co tenente de alcalde, Iolanda Veloso salientou que a ampliación do número de prazas ten sido posible grazas á colaboración entre a Concellería de Xuventude e a de Igualdade, iniciada o ano pasado. En resposta ás preguntas dos medios, lembrou que as 1.700 prazas van dirixidas a rapaces e rapazas de 4 a 15 anos e que o horario é de 9 a 14 horas pero con aula matinal de 8 a 9 horas e de recollida dos nenos de 14 a 15 horas, agás o campamento de Lavadores.
Concretamente o campamento de As Travesas celébrase en duas quenda de quince días, nos meses de xullo e agosto, e os nenos e nenas podes participar en olimpiadas de novos deportes, facer circo e mimo ou escolas de baile. Durnate a visita de hoxe disputaron un partidiño de hockey cuns sticks e pelotas que elaboraran con materiais de refugallo.
Descargar todas as imaxes