Escoitar

Presentada a programa cultural do Festival Aéreo Internacional de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ven de presentar en Oporto, o Festival Aéreo Internacional de Vigo que se celebrará do 13 ao 18 de xullo con diferentes actos culturais e culminará o domingo 19 coa exhibición área da "patrulla águila" sobre a praia de Samil a partir das 9.30 horas.

venres, 3 xul 2009
1246624751_H0T4555.jpg
Programa semana cultural aeronáutica

Do 13 ao 18 de xullo desenvolverase un programa de actividades vinculadas ao Festival en diferentes escenarios da cidades.

No museo Verbum-Casa das Palabras estarán expostos dous avións do museo do Exército do Aire: un T-6 e un Super Sae.

Nas dependencias de El Corte Inglés poderase contemplar unha exposición de maquetas de avións que formaron parte da historia militar aeronáutica española.

O día 17 estará na bahía de Vigo o buque Juan Sebastián Elcano que despregará as velas ó vento para deleite visual de todas as persoas que se acerquen á ría.

A Armada Española tamén porá a disposición do público para a súa visita unha Fragata F-100 atracada na estación de trasatlánticos.

Pola súa banda, os membros da Patrulla Águila realizarán nesa semana unha visita á pranta de pediatría do Hospital Xeral de Vigo e asinarán posters en El Corte Inglés.

Ó marxen da semana de actividades, o venres 4 e o sábado 5, poderase contemplar os entrenamentos que os paraticipantes irán realizando sobre a praia de Samil, para afinar as exhibicións e practicar o programa que executarán o domingo 19 de xullo, na praia de Samil a partir das 9.30 horas.
Descargar todas as imaxes