mércores, 1 xul 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores a posta en marcha do primeiro programa de actividades interxeracionais de verán ao aire libre, que se desenvolverá en diferentes barrios da cidade ao longo dos meses de xullo e agosto. Danzas do mundo e tai chi son as dúas actividades que se celebrarán na Praza da Independencia, O Calvario, avenida de Castelao, Praza de Compostela e alameda de Bouzas, de luns a venres e sempre de 10.30 a 11.30 horas.
mércores, 1 xul 2009
A segunda edición da feira Stockaxe, que Tenencia de Alcaldía, Concellería de Comercio e FECOVI organizarán os vindeiros 17 e 18 de outubro no IFEVI, conta xa coa participación confirmada de máis de 70 comercios da cidade, superando así o número de expositores da pasada edición. Co obxectivo de atender a demanda de solicitudes que se está a rexistrar, a organización decidiu ampliar o espazo ferial ata os 7.000 metros cuadrados, xa que conta con albergar a un centenar de tendas que atraerán a presenza de máis de 30.000 visitantes durante a fin de semana.<br />
mércores, 1 xul 2009
O sábado, 4 de xullo, terá lugar a denominada "Operación Cabicha-Colilla" nos areais das praias de Fontaiña e Baluarte organizada pola Asociación Fontaiña co apoio do persoal voluntario da Oficina Municipal de Voluntariado. Os traballos realizaranse en horario de 10 a 13.30 horas e consisten en peinar toda a praia recollendo desperdicios de pequeno tamaño de orixe artificial.
mércores, 1 xul 2009
Parabéns aos seguidores de Frank Zappa. Saxo, voz e, por suposto, o seu sentido do humor e os seus bailes característicos, distinguiron a Napoleon Murphy Brock desde o momento que se incorporou á banda do xenial músico estadounidense a principios dos anos setenta. Sen dúbida, o saxofonista e cantante será un dos pratos fortes desta quinta edición do Festival Imaxina Sons de Vigo co seu concerto do xoves 2 de xullo na Praza do Rei a partir das once da noite.
mércores, 1 xul 2009
A antesala da Alcaldía acolle desde hoxe unha mostra da obra pintórica de Rafael Calvo, dentro da programación Mostrarte.