En 24 horas vendéronse xa case a metade das entradas dispoñibles para o concerto de Leonard Cohen
En aproximadamente 24 horas, ata as 13 horas de hoxe, xa se venderon 800 das 1.700 entradas dispoñibles para o concerto que Leonard Cohen ofrecerá no auditorio de Castrelos o 13 de agosto. Tamén vai a bo ritmo a venda de entradas para o primeiro dos concertos deste verán, que Keane ofrecerá no auditorio de Castrelos o 17 de xullo, do que se levan vendidas nun só día 265 entradas. Ademais, mañá 1 de xullo saen á venda as entradas para asistir ao concerto de Juan Perro e Nart, que actuarán no peirao de Trasatlánticos o 5 de agosto; o seu prezo é de 15 euros na venda exprés antes do 10 de xullo, 18 euros anticipada e 20 euros en taquilla.
Para á actuación de Leonard Cohen, o prezo das entradas mercadas anticipadamente é de 18 euros e de 20 euros na taquilla. Pola súa banda, para o concerto de Keane, o número de entradas postas á venda é de 4.000, e o prezo da venda anticipada é de 10 euros e de 12 euros en taquilla.
Tamén están xa á venda as entradas dos concerto de Melendi, Carlos Baute e Marta Sánchez. Respecto ao concerto de Melendi, que será no peirao de Trasatlánticos o 11 de agosto, as entradas saíron onte á venda, e o seu prezo é de 15 euros na venda anticipada e 18 euros na taquilla. Respecto á actuación de Carlos Baute e Marta Sánchez, no peirado de Trasatlánticos o día 4 de agosto ás 22.30 horas, o prezo para a súa venda anticipada é de 18 euros, mentres que na taquilla será de 20 euros.
O vindeiro luns, 6 de xullo, poranse á venda as entradas para os concertos de La Oreja de van Gogh, Fuxan os Ventos e Ainhoa Arteta, que tamén terán lugar no auditorio de Castrelos os días 29 de xullo, 12 de agosto e 14 de agosto, respectivamente. Nos tres casos, o prezo da venda anticipada das entradas é de 10 euros e de 12 euros se se mercan na taquilla. Para o concerto de La Oreja sairán á venda 4.000 entradas, mentres que para os de Fuxan os Ventos e Ainhoa Arteta o número de entradas será de 1.700 para cada un deles.