martes, 30 xuñ 2009
O alcalde Abel Caballero visitiou esta mañá a Sección Policial de Seguridade en Costa e Praias que patrulla desde mediados de mes os areais de Vigo. O servizo dependente da Policía Local centrarase na zona que vai de Alcabre a Canido, e de maneira especial nas praias de Samil e O Vao.
martes, 30 xuñ 2009
Na xornada do mércores 1 de xullo o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons propón, ademais, dos concertos de Marc Ducret no MARCO e de Organic Collective, dentro do circuíto Jazz na noite, unha mesa redonda para reflexionar sobre o camiño andado polo festival. As cinco edicións do mesmo motivan unha tertulia que terá lugar ás 20.30h no MARCO e na que participan o director artístico do festival, Baldo Martínez e os críticos Tomás Sendón e Alejandro Cifuentes. Posteriormente terá lugar o concerto solista de Marc Ducret, un dos máis reputados guitarristas europeos con proxectos a ambos lados do Atlántico.
martes, 30 xuñ 2009
En aproximadamente 24 horas, ata as 13 horas de hoxe, xa se venderon 800 das 1.700 entradas dispoñibles para o concerto que Leonard Cohen ofrecerá no auditorio de Castrelos o 13 de agosto. Tamén vai a bo ritmo a venda de entradas para o primeiro dos concertos deste verán, que Keane ofrecerá no auditorio de Castrelos o 17 de xullo, do que se levan vendidas nun só día 265 entradas. Ademais, mañá 1 de xullo saen á venda as entradas para asistir ao concerto de Juan Perro e Nart, que actuarán no peirao de Trasatlánticos o 5 de agosto; o seu prezo é de 15 euros na venda exprés antes do 10 de xullo, 18 euros anticipada e 20 euros en taquilla.