Escoitar

Reapertura ó tráfico do vial de acceso a Punta Lagoa

O alcalde Abel Caballero asistíu hoxe á reapertura ó tráfico da Baixada a Espiñeiro, acceso a Punta Lagoa ó concluir os traballos realizados debido ó derrumbe dun muro motivado polo temporal do pasado mes de xaneiro. Os traballos de acondicionamento do muro iniciaronse no mes de marzo rematando hoxe coa apertura ó tráfico do vial. A obra de reforma dos muros de contención tivo un custe de 417.000 euros.

mércores, 1 xul 2009
1246453388P7010852.JPG
As intensas choivas e fortes ventos, con rachas próximas ós 130Km/h, que azotaron a cidade de Vigo desde finais do mes de xaneiro e principios de febreiro do presente ano, provocaron unha serie de desprendementos e caídas de material ó longo do talud que forma a ladeira e o talud en terraplén do vial de acceso a Punta Lagoa.

Debido ao perigo existente, por posibles desprendementos de rochas da ladeira e do corremento do talud da estrada de acceso a Punta Lagoa, o Concello procedeu ó corte inmediato d vial e á adxudicación das obras por trámite de emerxencia á empresa HODROSCIVIL S.L.A obra de reforma dos muros de contención tivo un custe de 417.000 euros.

Os traballos de acondicionamento do muro iniciaronse no mes de marzo rematando hoxe coa apertura ó tráfico do vial.

Por outra banda, o alcalde informou do reinicio inmediato das obras do paseo de A Guía e da execución dun plan de reforestación do Monte de a Guía.
Descargar todas as imaxes