As praias de Fontaiña e Baluarte protagonistas da "Operación Colilla"
O sábado, 4 de xullo, terá lugar a denominada "Operación Cabicha-Colilla" nos areais das praias de Fontaiña e Baluarte organizada pola Asociación Fontaiña co apoio do persoal voluntario da Oficina Municipal de Voluntariado. Os traballos realizaranse en horario de 10 a 13.30 horas e consisten en peinar toda a praia recollendo desperdicios de pequeno tamaño de orixe artificial.
As praias de Baluarte e Fontaiña (Coruxo) conta con ecosistemas dunares en bo estado de conservación, resultado dun proxecto de recuperación que -iniciado na década dos 90- veñen realizando a Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo e maila Asociación Fontaíña.
Ó longo de todo este tempo, cabe sinalar a deteción dun problema específico relacionado coa limpeza destas praias, xa que ó ser visitadas por moitos fumadores, aparece unha chea de cabichas (colillas) espalladas pola area, co que se dan unha serie de problemas ambientais como contaminación visual e química da area; posibles afeccións a organismos que habitan na area dunha praia (plantas, invertebrados, microorganismos) cun alto valor ecolóxico e redución da calidade da area dende o punto de vista do uso humano.
Para solucionar a causa destes impactos organízase anualmente da chamada "Operación Cabicha-Colilla", na que os voluntarios peinan toda a praia recollendo desperdicios de pequeño tamaño (colillas, plásticos, papeis, chapas,...) de orixe artificial, deixando os restos orgánicos, principalmente algas, para substento das comunidades biolóxicas que se asentan nestas praias. Evítase en todo caso promover a limpeza mecánica da praia con tractor, xa que o paso da maquinaria pesada sobre as dunas podería deterioralas e ademais o peneirado mecánico da area (útil en praias urbanizadas) perxudicaría a formación de dunas embrionarias.
O Concello de Vigo é un dos poucos da costa galega que renunciou a retirar as algas ou argazos dos areais, facendolle caso ós expertos en ecoloxía de praias, que consideran de grande interese para a conservación da praia a chegada de algas e restos á praia pois son a base das cadeas alimentarias de moitos organismos como invertebrados ou aves.
Este verán organizase unha campaña de concienciación para que a xente que segue a deixar as cabichas na area deixe de facelo. As actividades que se realizarán serán:
-Organización dunha xornada de limpeza con voluntarios das praias de Fontaíña e Baluarte "Operación Colilla".
-Divulgación desta actividade a nivel de medios de comunicación local.
-Reparto ó longo do verán de cinceiros e folletos entre os fumadores usuarios destas praias coa finalidade de conciencialos.
Descargar todas as imaxes