Escoitar

O tenente de alcalde presenta o libro "Historias de Sticks", o primeiro da Biblioteca da Fundación Vide

Baixo a idea de que a cultura é deporte e o deporte é cultura, o tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, presentou hoxe o libro "Historias de Sticks", unha iniciativa da Fundación VIDE que recolle nun coidado tomo de máis de 300 páxinas a traxectoria do hóckey a patíns na nosa cidade. Co gallo da disputa do Campeonato do Mundo da especialidade, ábrese así unha xeira de libros que profundizarán sobre o pasado das diferentes modalidades deportivas en Vigo e que irán editándose ao carón dalgún evento significativo en anos vindeiros.

venres, 3 xul 2009
1246625338librovide.jpg
Santi Domínguez calificou de "xenial idea esta aportación cultural e deportiva á cidade" e enmarcouna dentro da biblioteca da Fundación Vigo en Deporte, "a única estrictamente deportiva da cidade". Ademáis, o nacionalista aproveitou para facer un chamamento ós cidadáns para que acudan a presenciar ó Mundial de Hóckey que se desenvolverá no Ifevi dende mañá, coa cerimonia de inauguración e o partido España-Mozambique, e ata ó próximo día 11: "Está todo preparado: temos as mellores seleccións, os mellores xogadores, unha pista que deixa coa boca aberta a tódolos equipos, a mellor cobertura televisiva… Só nos falta asegurar ó calor do público", salientou.

Ó acto de presentación de "Historias de Sticks" tamén acudiron o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, a xerente da Fundación VIDE, Laura Magdalena, o presidente do comité executivo do Mundial, Quique Urdiales, e Alberto Ovenza, o autor do libro xunto a María Alonso. A obra, en palabras de Magdalena, "recolle o legado das persoas que fixeron posible o hóckey en Vigo", e basease, segundo o autor, "en historias persoais" que exemplifican ese camiño conxunto.
Descargar todas as imaxes