O concelleiro de Deportes desexa os maiores éxitos aos participantes vigueses nos Xogos do Eixo Atlántico
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, desexou este xoves os "maiores éxitos" aos deportistas vigueses que participarán na octava edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que se disputarán do 5 ao 10 de xullo na Coruña. No trancurso da recepción que esta mañá ofreceu á delegación viguesa, integrada por un total de 120 deportistas, salientou que neste evento participan nenos e nenas de 14 a 16 anos nas modalidades deportivas de baloncesto feminino e masculino, balonmán masculino, fútbol 7 masculino, voleibol feminino, atletismo masculino e feminino, natación masculina e feminina e bádminton.
"Quero transmitir de parte da Concellería de Deportes e do Concello de Vigo os parabéns a todos os participantes por teren sido elixidos para participar neste evento deportivo", salientou Xabier Alonso. Asemade, destacou a importancia que nos Xogos teñen valores como a convivencia e o compañeirismo e cualificou a este evento como "experiencia vital para todos os participantes", posto que prestan unha especial atención ao desenvolvemento e consolidación de disciplinas deportivas de carácter transfronteirizo, entre Galiza e o Norte de Portugal.
Os Xogos do Xogos do Eixo Atlántico teñen unha periodicidade bianual e nesta octava edición participarán un total de 1.900 deportistas. Este alto número débese ao incremento das cidades pertencentes ó Eixo Atlántico, que pasou de 16 a 34 no ano 2007, o cal supón un importante esforzo organizativo para a cidade que os acolle. Segundo o concelleiro de Deportes, para Vigo, como unha das cidades impulsoras do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, "supón un importante reto".
Descargar todas as imaxes