Escoitar

O Punto Xove da Concellería de Igualdade acolle do 13 ao 28 de outubro a exposición "Traxectos"

O Punto Xove da Concellería de Xuventude inaugura o vindeiro martes 13 de outubro, ás 19.30 horas, a exposición "Traxectos" do artista Alberte Bello. A mostra, que permanecerá no segundo andar do Punto Xove ata o 28 de outubro, é de entrada libre e gratuita.

venres, 9 out 2009
"Traxectos" é unha representación icónica, baseada en sinais, marcas, guías, mapas, cartografías e avisos, do camiño. Deste xeito, trata de abarcar os espazos que crea o camiñar da mirada e as transformacións dos espazos ó seren transitados, así como os traxectos reais e os imaxinarios, os materiais e os soñados.