Escoitar
Persoal

Contratación de diversos postos no Concello de Vigo

<br />

venres, 9 out 2009
Con data 25 de setembro de 2009, a Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Vigo, adoptou acordo polo que se aproban as bases para a provisión con carácter interino por acumulación de tarefas dun/dunha técnico medio en empresas e actividades turísticas, dun/dunha técnico medio de normalización lingüística e a contratación laboral-temporal por acumulación de tarefas dun/dunha oficial desinfector por un período de tres meses.

As bases para consulta están no taboleiro de edictos da Casa do Concello así como na páxina web municipal www.vigo.org.

O prazo de presentación de instancias que se realizará no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, será de 3 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio.