Tráfico permitirá evitar a multa de 300 euros aos infratores que non se identificaron<br />
Xulio Calviño explicou que, desde o 2 de setembro, esta opción "absolutamente legal" permite aos infratores que consten como ausentes ou descoñecidos alegar e evitar así o pago de 301 euros imposto -nun segundo procedemento- por non identificarse, abonando so a inicial. Os que pagan a multa non precisan identificación, salvo que a infracción conleve perda de puntos, xa que neste caso é obligatoria.
O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, explicou este venres que o Concello permitirá evitar a multa de 300 euros imposta a aqueles infratores que, sen conlevar perda de puntos, constan como ausentes ou descoñecido, e por tanto non foron identificados.
Calviño recordou que as infraccións con perda de puntos para o condutor obrigan á identificación do mesmo; en cambio, cando non se cumpre esta premisa, os infratores ausentes ou descoñecidos tiñan que afrontar un segundo procedemento administrativo por non identificarse con sancións de 300 euros, algo que desde o 2 de setembro pódese evitar no Concello de Vigo.
O edil socialista asegurou que estes infratores poderán presentar unha alegación dentro do segundo procedemento (o que conleva os 300 euros de pagamento) e será estimada, co que o cidadán únicamente terá que abonar o importe da primeira sanción.
Calviño salientou que esta opcion é "absolutamente legal" e o Concello lévaa adiante porque "beneficia ao cidadán". O concelleiro indicou asemade que o goberno local está a realizar un "esforzo" para contactar cos depositarios da multa e minimizar os casos de ausentes ou descoñecidos, polo que acúdese tamén ao padrón municipal para buscar posibles novas direccións.
Novo modelo
A raíz desta mesma cuestión, e para evitar confusións, o concelleiro socialista anunciou o emprego dun novo modelo de infración, que resalta no encabezamento a non obriga de identificarse para aqueles infratores que fagan efectivo o pago da multa.
Calviño recordou que non é preciso a identificación do conductor cando se abona o pagamento sempre e cando a infracción non conleva perda de puntos para o condutor.
Descargar todas as imaxes