Abel Caballero insta á Xunta á "apertura inmediata" do albergue e reitera a oferta de cesión da escola de hostelería
O alcalde apremiou á Xunta de Galicia a que "asuma as súas competencias" e proceda á apertura dun albergue na cidade; de modo provisional no edificio da Gota de Leite e, previa cesión da titularidade dos inmobles, de xeito definitivo na Escola de Hostelería do Berbés, tal e como ofreceuno Abel Caballero á Consellería de Traballo e Benestar.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu este xoves á conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, a "asumir as súas competencias" e abrir de inmediato un albergue en Vigo.
Abel Caballero reiterou o ofrecemento do goberno municipal dunha "apertura provisional inmediata" do albergue no edificio da Gota de Leite, que foi preparado ao efecto polo anterior executivo autonómico, para despois abrir o definitivo no inmoble da Escola de Hostelería no Berbés, previo cambio nas titularidades.
O rexedor socialista transmitiu á Xunta de Galicia por carta a vontade do Concello de obter a titularidade do edificio da Gota de Leite para usos municipais -sede da Policía Local- a cambio da cesión da citada estrutura do Berbés para albergue.
O alcalde recordou que existe un convenio asinado polos anteriores gobernos municipal e autonómico para a construcción dun albergue "supramunicipal" por parte da Xunta de Galicia, polo que instou á Consellería a executar a "apertura provisional inmediata" do mesmo na Gota de Leite.