O alcalde anuncia que a número dous do Ministerio de Industria visitará en novembro Citroën e astaleiros de Vigo
Abel Caballero avanzou este xoves que a Secretaria de Estado do Ministerio de Industria, Teresa Santero, visitará a cidade o próximo 10 de novembro para "ratificar o compromiso do Ministerio" coa industria naval e da automoción de Vigo. O alcalde recordou que Industria concedeu 74 millóns de euros ao plan de futuro de Citroën en Vigo, "a axuda máis importante dada a ningunha factoría de automóbiles de España".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que o próximo 10 de novembro visitará a cidade a número dous do Ministerio de Industria, Teresa Santero, quen acudirá á factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën e visitará un astaleiro.
Nunha visita coordinada desde a Alcaldía, Abel Caballero cualificou a presenza en Vigo da Secretaria de Estado de "moi importante" para "ratificar o compromiso do Ministerio" coa cidade, exemplificada nas industrias da automoción e do naval. De feito, o alcalde recordou que Industria concedeu a PSA Vigo 74 millóns de euros para o seu plan de futuro, "a axuda máis importante dada a ningunha factoría de automóbiles de España".
Segundo indicou o alcalde, Teresa Santero visitará a fábrica viguesa de Citroën e un astaleiro vigués ainda por confirmar, e asegurou que manterá un almorzo de traballo con representantes dos principais astaleiros vigueses.
Éxito de Conxemar
O alcalde acudiu este xoves ao IFEVI na que é a última xornada de Conxemar 2009, cunha "sensación dos participantes francamente boa", segundo trasladou Abel Caballero, tanto en términos xerais coma de negocio.
O rexedor transmitiu que as cifras dos expositores superan o agardado en tempos de crise e incluso sobreparasarán os números da pasada edición de 2008; unha "nova alentadora" para o alcalde que demostra "a enorme capacidade da cidade" para superar as adversidades.
Descargar todas as imaxes