Escoitar

"Darwin e a teoría da evolución" centra o debate das Xornadas de Filosofía de Vigo<br />

"Darwin e a teoría da evolución" é o tema central das XIX Xornadas de Filosofía que organiza a agrupación Aletheia en colaboración coa Concellería de Cultura e a Fundación CaixaGalicia. As xornadas reunirán a especialistas de universidades que ofrecerán os seus coñecementos sobre a contribución de Charles Darwin na ciencia e no pensamento. As xornadas terán lugar do 13 ao 16 de outubro no salón de actos da Fundación Caixa Galicia.

venres, 9 out 2009
1255095439xornadasfilosofia.jpg
Neste ano, no que se celebra o segundo centenario do nacemento de Darwin, o Grupo Aletheia quere celebrar esta efeméride adicando as súas Xornadas anuais ó ilustre científico. Para levar a cabo esta celebración contarase co máis selecto elenco de relatores especialistas en Darwin e na Teoría da evolución. Abordaranse todas as problemáticas do pasado e do presente sobre as sospeitas que tal teoría exerceu sobre a ciencia, a relixión e a cultura.

As Xornadas de Filosofía son abertas ao público en xeral, se ben son de máis interese para profesores universitarios e de ensino secundario. A inscrición é gratuíta e realizase previamente enviando os datos persoais ao apartado de correos 5350, por correo electrónico (xornadasaletheia@yahoo.es) ou no momento mesmo da apertura das xornadas (se houbera prazas dispoñibles). Outorgaráselles un diploma de asistencia a todos os asistentes que teñan xustificada unha presenza mínima do 60% do programa

Programa

Día 13, martes
16.30h. APERTURA DAS XIX XORNADAS.
17.15h. Xavier Bellés Ros: Darwin e a expresión das emocións
18.15h. Coloquio.
19.00h Descanso.
19.30h. Jesús Mosterín: A visión darwinista do ser humano
20.30h. Coloquio.
21.30h. Final da sesión.

Día 14, mércores
17.00h. Carlos Castrodeza Ruíz de la Cuesta: As miserias de Darwin
18.30h. Coloquio.
19.00h Descanso.
19.30h. Andrés Moya: As perigosas ideas de Darwin
21.00h. Coloquio
21.30h. Final da sesión.

Día 15, xoves.
17.00h. Jordi Agustí: Patróns evolutivos na evolución humana
18.30h. Coloquio.
19.00h Descanso.
19.30h. Antonio Fontdevila: Reconstruíndo a Darwin, 150 anos depois.
21.00h. Coloquio
21.30h. Final da sesión.

Día 16, venres
17.00h. Juan Moreno Klemming: Os retos actuais do darwinismo: Unha teoría en crise?
18.30h. Coloquio.
19.00h. Descanso.
20.00h. Francisco Pelayo López: Os estudos xeolóxicos de Darwin
21.00h. Coloquio.
21.30h. Clausura.

Descargar todas as imaxes