venres, 6 feb 2009
A Concellería de Xuventude e a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) acordaron unha campaña promocional para os mozos e mozas que foi presentada hoxe pola concelleira Iolanda Veloso e a xerente da fundación, Laura Magdalena. Xuventude quere dar a coñecer á mocidade todos os servizos que ofrece (de formación, de emprego, de saúde e sexualidade, de tempo libre, de turismo, de asociacionismo, de voluntariado,...) mediante obradoiros e xa ten confirmados faladoiros con dezaoito centros educativos da cidade para chegar aos mozos (é dicir, uns 700 estudantes de xeito directo), nos que tamén se lles explicará a situación física e posibilidades dos servizos (Casa da Xuventude, Infobus, punto xove de López de Neira) ou programas (Súbete ao Castro).<br />
venres, 6 feb 2009
La Concejalía de Juventud y la Fundación Vigo en Deporte (VIDE) acordaron una campaña promocional para los chicos y chicas que fue presentada hoy por la concejala Iolanda Veloso y la gerente de la fundación, Laura Magdalena. Juventud quiere mostrar a la juventud todos los servicios que ofrece (de formación, de empleo, de salud y sexualidad, de tiempo libre, de turismo, de asociacionismo, de voluntariado,...) mediante talleres y ya tiene confirmados tertulias con dieciocho centros educativos de la ciudad para llegar a los chicos (es decir, unos 700 estudiantes de manera directa), en los que también se les explicará la situación física y posibilidades de los servicios (Casa de la Juventud, Infobus, punto joven de López de Neira) o programas (Súbete al Castro).<br />
mércores, 4 feb 2009
No espazo Punto Xove da concellería de Xuventude terá lugar o xoves día 5 unha proxección das curtametraxes que participaron na primeira edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se celebrou a primeira semana de setembro do 2008. As obras foron seleccionadas de entre 400 participantes, e entre elas hai curtametraxes de Galicia, España, Francia, Bélxica, Gran Bretaña, Chile..
mércores, 4 feb 2009
En el espacio Punto Joven de la concejalía de Juventud tendrá lugar el jueves día 5 una proyección de los cortometrajes que participaron en la primera edición del Festival Internacional de Cortometrajes de Bueu, que se celebró la primera semana de septiembre del 2008. Las obras fueron seleccionadas de entre 400 participantes, y entre ellas hay cortometrajes de Galicia, España, Francia, Bélgica, Gran Bretaña, Chile..
luns, 2 feb 2009
Este luns 2 de febreiro inaugúrase unha nova exposición no Punto Xove. Trátase das fotografías de Antonio Gutiérrez que baixo o nome de "Nalgún lugar do mundo" estarán expostas ata o 17 de febreiro no primeiro andar do Punto Xove.
luns, 2 feb 2009
Este lunes 2 de febrero se inaugura una nueva exposición en el Punto Joven. Se trata de las fotografías de Antonio Gutiérrez que bajo el nombre de "En algún lugar del mundo" estarán expuestas hasta el 17 de febrero en el primer piso del Punto Joven.
mércores, 28 xan 2009
O programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro" dependente da Concellaría de Xuventude, está a desenvolver a súa nova programación de actividades para o mes de febreiro. Entre as novidades caben destacar o Curso de Beatbox ou "percusión vocal", que é o arte de executar ritmos tan só coa imitación de instrumentos e a ampla variedade de sons producidos coa boca e a respiración.
mércores, 28 xan 2009
El programa de ocio juvenil alternativo "Súbete al Castro" dependiente de la Concejalía de Juventud, está desarrollando su nueva programación de actividades para el mes de febrero. Entre las novedades caben destacar el Curso de Beatbox o "percusión vocal", que es el arte de ejecutar ritmos tan sólo con la imitación de instrumentos y la amplia variedad de sonidos producidos con la boca y la respiración.
venres, 23 xan 2009
As primeiras Xornadas de Mocidade e Sexualidade, "Sexuando", comezaron este venres no Verbum-Casa das Palabras con máis de 200 participantes e prestixiosos relatores. Na inauguración, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, quen estivo acompañado co xerente do Consorcio da Igualdade e o Benestar, Lois Pérez Castrillo, e o tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, salientaron o carácter novidoso da iniciativa e a súa confianza en que esta sexa a primeira de vindeiras convocatorias.
venres, 23 xan 2009
Las primeras Jornadas de Juventud y Sexualidad, "Sexuando", comenzaron este viernes en el Verbum-Casa de las Palabras con más de 200 participantes y prestigiosos ponentes. En la inauguración, el vicepresidente de la Xunta de Galicia, Ángel Quintana, quien estuvo acompañado con el gerente del Consorcio de la Igualdad y el Bienestar, Lois Pérez Castrillo, y el teniente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, destacaron el carácter novedoso de la iniciativa y su confianza en que esta sea la primera de próximas convocatorias.