Xuventude convoca 50 prazas gratuítas para visitar o planetario o vindeiro 12 de maio<br />
Con motivo do Ano Internacional da Astronomía, a Concellería de Xuventude convoca unha visita gratuíta ao planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro o vindeiro martes 12 de maio ás 18 horas. En total, serán 50 mozos e mozas entre os 14 e os 35 anos os que poderán visitar estas instalación e asistir a unha clase de astronomía náutica.

As persoas intersadas en visitar o planetario (Avda. Beiramar 55) deberán realizar a inscrición persoalmente no Punto Xove (ubicado na rúa López de Neira 27) de luns a venres de 9.30 a 14 horas e de luns a xoves de 17 a 20 horas. O prazo permanecerá aberto ata cubrir as 50 prazas convocadas. O desprazamento ao planetario corre a cargo dos participantes. Para obter máis información, pódese solicitar na Casa da Xuventude (rúa López Mora), no propio Punto Xove ou na web www.xuventudevigo.org.
Descargar todas as imaxes