Escoitar

O Concello abre a empresas e non residentes as prazas reservadas sen cubrir dos novos aparcadoiros

Ante a falta de demanda dos residentes, a Xunta de Goberno Local acordou este luns ampliar as bases para que todas as persoas físicas e xurídicas con vehículo poidan acceder as estas prazas. Segundo informou o alcalde, a proximidade dos solicitantes ao aparcadoiro seguirá a ser preferente na resolución das mesmas.

luns, 4 mai 2009
1241443490par.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves que todas as persoas físicas e xurídicas -empresas- cun vehículo poderán acceder ás prazas reservadas para os residentes nos seis aparcadoiros en construción.

Ante a falta de demanda, o goberno local acordou coas empresas concesionarias dos mesmos reformar as bases para que todos os interesados, independentemente do lugar de residencia, poidan optar ás estas prazas; aínda que un criterio anterior permanece. Explicou o alcalde que terán prioridade na resolución aqueles solicitantes que vivan máis próximos ao aparcadoiro, co que as prazas para residentes adxudicaranse por orde de cercanía.

Ademais, reservarase o 2% das prazas para residentes con minusvalías, segundo adiantou Abel Caballero. O Concello esixirá ás empresas concesionarias que esta segunda quenda de oferta sexan anunciadas "de xeito constatable", para ter a certeza de que toda a cidadanía coñeza a mesma.

O aparcadoiro de Rosalía de Castro reserva 118 prazas para os residentes das 589 totais; o de Jenaro de la Fuente conta con 95 dun total de 474; o da Avenida de Castelao oferta 203 prazas para residentes das 406 totais; o aparcadoiro soterrado do Areal ten 109 dos 545 totais; Policarpo Sanz suma 570 prazas, das que 114 son para residentes; e Pintor Colmeiro reserva 78 das 394 prazas coas que conta.
Descargar todas as imaxes