Escoitar

120 escolares optarán ás becas de inglés

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns os pregos de contratación das becas de inmersión lingüística en inglés, con 300.000 euros de investimento, das que beneficiaranse este verán 120 escolares vigueses, 20 máis que no 2008. Tras a "experiencia favorable" do pasado ano, o alcalde indicou que Educación repite o programa para estudar o curso en inglés.

luns, 4 mai 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu hoxe luns conta da aprobación dos pregos de contratación das bolsas municipais de inglés, polo que 120 estudantes dos colexios públicos da cidade viaxarán este verán tres semanas ao Reino Unido e Irlanda de balde.

Despois da "experiencia favorable" do pasado curso, a Concellería de Educación renova este sistema -dotado con 300.000 euros en 2009 e outro tanto para o 2010- ampliando o número de beneficiarios, pasando dos 100 do pasado ano ao 120 deste. Os rapaces viaxarán para estudar en inglés todas as materias lectivas do seu curso da ESO.

O programa de inmersión lingüística en inglés complemente, indicou o alcalde, outras medidas educativas municipais dirixidas ao coñecemento e mellora do inglés dos estudantes vigueses. Así, unha primeira fase -desenvolvida de outubro a decembro do pasado ano con 30.000 euros de orzamento- contemplou sesións de teatro en inglés nos distintos centros educativos públicos, no que participaron 6.300 nenos, salientou Abel Caballero.

A segunda fase das actividades en inglés está en execución, de abril a xuño deste ano, no que uns 4.500 rapaces de 34 colexios, segundo citou o rexedor local, participaron no teatro, visitas guiadas pola cidade e distintas accións de carácter lúdica, como contacontos, xogos, etcétera. Esta fase conta con 35.000 euros de orzamento.