Escoitar

O Punto Xove acolle o xoves a reportaxe fotográfica comentada "Tempo de Nepal"

O xoves 21 de maio, ás 18.30 horas, o espazo Proxecta do Punto Xove acollerá a presentación da reportaxe fotográfica "Tempo de Nepal". Esta reportaxe amosará a experiencia vivida no Nepal por un grupo de viaxeiros e presentación contará cos comentarios dos seus protagonistas, Pramod Shrestha, Xoana Goicoa e Santiago Palas.

martes, 19 mai 2009
Os protagonistas contarán como da illa de Ons ao aeroporto de Katmandú fraguouse unha viaxe que comezou como un encontro de intencións e voos imaxinativos. O soño cumpriuse e deu paso ao aeroporto de Katmandú, a Freek Street, a cidade chea de templos, o cheiro a incenso e os pratos de momo coa cervexa de arroz. A reportaxe destaca como a experiencia vivida no Nepal é unha fiestra e unha ollada ao día a día nunha terra chea de misticismo, natureza e humanidade no seu máis amplo sentido pero nun tempo que non é o do reloxio, senón o da vitalidade das persoas.