Presentación e inauguración de exposición da Asociación Tena para Etiopía no Punto Xove
A salas do Punto Xove, da concellería de Xuventude, presenta estes días unha exposición da Asociación Tena para Etiopía, coa intención fundamental de presentar en sociedade unha nova asociación, unha ONG sen ánimo de lucro, cun obxectivo central: traballar desde esta cidade para conseguir o máximo de recursos económicos e tamén humanos que axuden a mellorar no posible a terrible situación de marxinalidade e pobreza na que viven día tras día, tantas persoas en Etiopía e en especial, tantos nenos/as e mulleres.
Como ilustración e estímulo da presentación da Asociación Tena, realizase unha exposición de debuxos elaborados en Addis Ababa por parte dos nenos e nenas cos que traballa a entidade etíope coa que colaboran. Os debuxos, sinxelos e ás veces demasiado serios, están acompañados da foto de cada neno que o debuxou un día destas pasadas navidades na sé da asociación LMD.
Tamén amosanse algunhas imaxes- realizadas este verán- de voluntarios/as da asociación etíope que a diario traballan para mellorar a situación dos menores de Addis Ababa.
¿Porqué Etiopía?
Hai dous grupos de razóns, persoais e universais. A maioría dos que conforman na actualidade esta asociación teñen un vínculo emocional directo con este país tan especial a través dalgúns dos seus fillos, que naceron en Etiopía. Este país converteuse así en segunda patria. E tamén existen as razóns universais que todo o mundo coñece e que se resumen normalmente nunha imaxe dun neno famento e desesperado. E esta imaxe, aínda que é unha parte dun país precioso e digno de visitar, é real e cotiá. E ninguén é insensible ante esa realidade.
A estratexia de traballo será a cooperación internacional dirixida cara aos dous colectivos máis vulnerables das sociedades en vías de desenvolvemento: a infancia e as mulleres. E para realizala dentro do marco do respecto cara aos propios etíopes, queremos apoiar o traballo dunha entidade etíope que realiza desde fai anos un labor social de enorme valor entre os nenos/as e as mulleres dalgúns barrios da capital do país: Addis Ababa. Esta entidade chámase Lealem Meftihe Digrit e está conformada por voluntarios e voluntarias etíopes que viven nos mesmos barrios onde sobreviven estes nenos. A maioría destes huérfanos a causa da sida e con necesidades vitais: alimentación, asistencia sanitaria e escolarización.
Descargar todas as imaxes