O Concello aproba a humanización de 9 rúas, con 14 millóns de inversión e 235 empregos creados
O goberno local aprobou este luns os pregos e proxectos para a humanización das rúas Sevilla, Valencia, Zaragoza, Baleares, Canarias, Faustino Álvarez, Urzáiz, Venezuela e Simón Bolivar; obras que se alongarán un máximo de 6 meses e que comezarán o 30 de marzo aproximadamente, segundo estimou Abel Caballero. Ademais, a próxima semana se iniciarán melloras en Travesía do Pino, Canteiros, a Avenida de Castelao e a rúa Coruña.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que o vindeiro 30 de marzo aproximadamente dará comezo a humanización de 9 rúas da cidade, obras que rematarán en seis meses e que supon un investimento de 13,8 millóns de euros e a creación de 235 empregos directos. O financiamento dos proxectos corre con cargo aos 52 millóns de euros destinados a Vigo polo Plan Estatal de Financiamento Local do Goberno de España.
Segundo informou Abel Caballero, as humanizacións se estenderán este 2009 ás rúas Sevilla e Valencia –con 4,3 millóns de inversión total e a creación de 140 empregos-; Zaragoza, entre Regueiro e Tarragona –cun custo de 660.000 euros e 11 novos empregos-; Baleares e Canarias -cun investimento que ascende aos 4,2 millóns de euros e 72 novos postos de traballo-; todas elas de 6 meses de duración. A humanización da rúa Faustino Álvarez custará 175.000 euros, empregará a 9 persoas e se alongará 2 meses.
Por outra banda, o alcalde explicou que se acometerá a humanización da rúa Urzáiz, desde Gran Vía ata o Calvario, e inclúe a baixada á estación de ferrocarril. Esta obra durará tamén 6 meses e comezará o 30 de marzo, cun investimento de 3,55 millóns de euros e unha estimación de 58 empregos creados. Abel Caballero avanzou que o tráfico en Urzáiz permanecerá con dous carrís de subida e un de baixada, co mantemento das prazas de aparcamento, se mellorará o mobiliario urbano e o ancho das beirarrúas de granito superará os 3 metros.
Ademais, o rexedor indicou que se humanizará a rúa Venezuela, entre as Camelias e Gran Vía, e Simón Bolivar, entre Venezuela e Ecuador. Abel Caballero explicou que "nuns días" se aprobará o proxecto que amplíe a humanización de Simón Bolivar ao treito entre a Praza Elíptica e Venezuela.
O alcalde destacou a "alta calidade e deseño" que se está a implantar nas humanizacións da cidade e destacou o "esforzo" do goberno local para "levar adiante o plan Zapatero". Con esta aprobación, unicamente queda pendente a licitación dos traballos, a adxudicación posterior e o inicio da obra. Asemade, Abel Caballero agradeceu o "traballo extraordinario" dos funcionarios municipais para acometer con "eficiencia" estes proxectos.
Máis obras a próxima semana
Abel Caballero deu conta asemade da aprobación hoxe luns por parte da Xunta de Goberno Local de catro plans de seguridade para outras tantas obras que se iniciarán ao longo da vindeira semana, con cargo aos orzamentos municipais de 2008.
Así, se acometerá a mellora da rede de abastecemento e saneamento e a reposición do pavimento na Travesía do Pino, a construción de beirarrúas na rúa Canteiros, a humanización da beirarrúa da marxe dereita en sentido ascendente da Avenida de Castelao e a humanización da rúa Coruña.
Descargar todas as imaxes