A Alcaldía acolle a mostra lirica e de cor impresionista de Xavier Pousa
Este luns tivo lugar a inauguración da nova mostra pictórica que acolle as dependencias da Alcaldía de Vigo, desta volta a cargo de Xavier Pousa. Máis de medio centenar de persoas relacionadas co mundo da arte, así como representantes da corporación municipal, abriron a quinta mostra da Alcaldía, que destaca pola técnica persoal de Pousa no tratamento da paisaxe.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este luns a inauguración da quinta mostra de pintura que acollen as dependencias da Alcaldía, a cargo de Xavier Pousa. O acto contou con máis de cincuenta persoas vencelladas á arte e á cultura da cidade así como membros da corporación municipal.
Pousa inmortalizou numerosas das paisaxes habituais da cidade olívica, como as súas praias, a beiramar e as parroquias. As súas son obras cheas de lirismo e cor impresionista asistidos por un debuxo equilibrado e firme que denotan a súa mestría e o seu profundo amor por Vigo.
Xavier Pousa (Goián 1931, Vigo 2000) comezou a súa formación artística en 1944 da man do pintor de Goián Antonio Fernández. En 1951, bolseiro pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño, ingresa na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. No ano 1955 recibiu unha pensión para asistir a "El Paular" (Segovia), onde cultivou a paisaxe e le conceden o premio de Estado Carmen del Río da Academia de San Fernando.
No ano 1956 remata Xavier Pousa os seus estudos e decide ampliar a súa formación na Escola de Belas Artes de Munich realizando nestes anos diversas viaxes por Europa ata os anos 60 na que comeza a estar máis vinculado con Galicia.
Durante a súa residencia en Ourense a partir de 1962 vencellouse aos Artistiñas de Vicente Risco, cos que realizou diversas mostras. Ao redor de 1967/68 cofundou a mostra itinerante A Estampa Popular Galega. En 1969 fixa a súa residencia en Vigo e segue a organizar exposicións en diversas cidades galegas, españolas e americanas.
Pousa foi académico da Real Academia Galega de Belas Artes, membro do Padroado do Pedrón de Ouro, do Comité Asesor Artístico de Caixanova, e do Padroado do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Así mesmo foi un dos impulsores da Fundación Mondariz Balneario e director da súa bolsa de paisaxe, hoxe denominada Bolsa de Paisaxe Xavier Pousa. A súa obra está presente nas principais coleccións, institucións públicas e museos galegos.
Descargar todas as imaxes