Escoitar

A Sala A! presenta o concerto Duplo R como nexo de cultura tradicional e xuventude a través da regueifa e o rap

A concelleria de Xuventude oferta o concerto Duplo R, que terá lugar o venres na Sala A! co fin de achegar a cultura tradicional á xuventude mediante a regueifa e o rap. A sesión, que se desenvolverá de 18 a 21 horas, será de balde e contará coa presenza de grafiteiros e as actuacións de El Puto Coke, Aid, Woyza e Seila, García MC E Gran Purismo entre outros, que amosarán que tamén é posible facer hip hop en galego.

xoves, 18 dec 2008
1229598238likorcafe.jpg
A entrada será de balde, pero será preciso recoller o pase correspondente na Casa da Xuventude, o Punto Xove de López de Neira, no espazo Súbete ao Castro, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, no Centro Cívico de Saiáns, no Centro Cívico de Teis, no Centro Cívico do Casco Vello e no Centro Cívico de Coruxo.

A festa, que se celebrará na Sala Aa!, comezará ás 18 horas, e nela non estará permitido o consumo de alcol. A sesión estará presentada é animada por Luis O Caruncho e Bieito, quenes empregarán a regueifa como fío condutor e darán paso aos grafiteiros Sax, Comic, Sourys e Seds. Actuarán El Puto Coke, Aid, Woyza e Seila, Licorkafé, García MC, De Dios Ke Te Crew, e Gran Purismo pechará a festa, interpretando rap en alemán e galego. O breakdance, a cargo de BMX, e Daniel Fuentes, bailando nunha bici, romperán o ritmo das actuacións.
1229598238likorcafe.jpg
1229598241likorcafe.jpg
Descargar todas as imaxes