Escoitar

Santi Domínguez presenta o parque de xogos "Benvido Nadal" como alternativa de lecer para os máis cativos

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este mércores que o vindeiro sábado, 20 de decembro, inaugurarase o parque de xogos "Benvido Nadal" na Praza do Rei. As actividades, libres e gratuítas, están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 14 anos e se desenvolverán ata o 6 de xaneiro en horario de 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas, agás o 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro que só terá horario de tarde.

mércores, 17 dec 2008
1229521918benvidonadal.jpg
"Dende Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Animación Sociocultural quixemos desenvolver un programa específico dirixido a un público que nos interesa moito coidar, como é o público infantil e familiar", salientou. O tenente de alcalde sinalou que coa programación de "Benvido Nadal" se quere ofrecer unha alternativa para que os máis pequenos poidan "gozar do seu tempo de lecer en familia". Santi Domínguez indicou que a inauguración terá lugar ás 12 horas do sábado, na Praza do Rei, e que no transcurso do acto as persoas participantes recibirán como agasallo un gorro navideño e poderán degustar un chocolate con churros.

"Benvido Nadal" inclúe diversos inchables "que decorarán a praza do Rei con aspecto navideño", así como unha pista de competición e carpas nas que os rapaces e rapazas asistentes poderán participar en obradoiros de globofexia, maquillaxe, adornos navideños, música e baile, entre outros. Os nenos e nenas tamén terán a oportunidade de escribir as súas cartes aos Reis Magos e a Papá Noel.
Descargar todas as imaxes