O goberno destina 230.000 euros á mellora da iluminación nas parroquias<br />
Así o anunciou hoxe mércores o alcalde, tras a súa aprobación pola Xunta de Goberno Local. Abel Caballero informou asemade da reforma da Galería de Tiro da Policía Local e a mellora das comunicacións dos seus vehículos, doutros 230.000 euros. O goberno adxudicou igualmente o acceso sen fíos a Internet nas Prazas de América e Independencia e no Calvario. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe mércores da decisión adoptada polo goberno local de investir "uns 230.000 euros na mellora da iluminación nas parroquias" da cidade, indicou.
A aprobación supón a reforma do sistema de iluminación, por exemplo, na estrada vella de Madrid, onde se investirán 36.000 euros na mellora de 193 puntos de luz. Esta medida se complementa co plan de reposición de luminarias no rural, tamén validado en Xunta de Goberno, cunha partida de 51.000; e coas melloras do alumeado público nas parroquias, con 135.000 euros.
A Xunta de Goberno Local acordou igualmente un investimento de 2,39 millóns de euros para labores de conservación, mantemento e reparacións de "túneles e asfaltados", principalmente, segundo explicou Abel Caballero.
Alameda de Beade
O goberno aprobou na Xunta de Goberno deste mércores o inicio da construción da nova Alameda de Beade na súa primeira fase, das dúas contempladas. Para esta iniciativa, afirmou Abel Caballero, se destinarán 300.000 euros.
Bombeiros e Policía
O alcalde informou que a Xunta de Goberno Local aprobou destinar 157.000 euros na mellora do parque de bombeiros de Teis; e ademais, na Xunta de Goberno do pasado luns, se acordou a reforma das dependencias da Policía Local, singularmente da galería de tiro, que recibirá 160.000 euros de investimento.
Xunto coa reforma, Abel Caballero salientou que se modernizará asemade as comunicacións da frota de vehículos da Policía Local de Vigo, con equipos portátiles e sistemas de posicionamento global.
Banda ancha nas parroquias
O rexedor municipal informou da adxudicación provisional o concurso para dar cobertura sen fíos (WIFI) ás Prazas de América e Independencia, así como ao Calvario. Abel Caballero explicou que se trata dun "procedemento inicial" para levar a banda ancha a todas as parroquias de Vigo.
A este respecto, o alcalde adiantou que as conversas están "moi avanzadas" para finalizar o estudo que proporá o acceso a Internet nas parroquias igual que no casco urbano. "Nun par de meses", estimou Abel Caballero, podería estar adoptada a decisión, pois o acordo está practicamente ultimado, a falta de concretar o sistema para que a cobertura obteña rendibilidade empresarial. En calquera caso, subliñou o rexedor, terá custo cero para as arcas municipais.
Descargar todas as imaxes