Escoitar

A estación de Urzáiz terá unha praza miradoiro seis veces superior á veneciana de San Marcos

O alcalde e o arquitecto que deseña a obra, Thom Mayne, explicaron hoxe xoves ás liñas principais do proxecto: a praza superior, á altura de Via Norte, contará cun anfiteatro, un paseo mirador á Ría e unha entrada superior. A entrada actual se manterá e haberá unha terceira ao lateral, no actual percorrido das vías, onde irá un paseo verde. Ademais, os viaxeiros do tren no andén soterrado terán vistas á Ría mediante un xogo de espellos. En dous meses estará o proxecto definitivo. <br />

xoves, 18 dec 2008
1229608496PC180111.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o arquitecto estadounidense encargado do deseño, Thom Mayne, presentaron este xoves as liñas básicas do proxecto da estación de Urzáiz -rematado en dous meses-, que contará cunha gran praza superior, o teito do edificio, prácticamente á altura de Vía Norte, que multiplica por seis o tamaño da de San Marcos, en Venecia.

A gran praza -a idea principal do proxecto, segundo o propio Mayne-, estará conectada coa Vía Norte, en altura levemente por debaixo da mesma, salvando ese espazo cunha balconada e cafeterías onde os cidadáns poderán acceder desde a rúa, sentarse e apreciar as vistas á Ría. O graderío e os establecementos "activarán o encontro entre a rúa e a praza", salientou o arquitecto. A praza propiamente dita contará cunha entrada superior de acceso peonil á zona comercial e tamén á estación, que irá soterrada 15 metros con respecto a altitude da actual.

Thom Mayne e Abel Caballero explicaron que esta entrada ofrecerá iluminación e ventilación a todos os andares do edificio, pois descende desde a praza superior ata a estación, no andar inferior da estrutura. Este "espazo central aberto", citou Mayne, actuará ademais como un periscopio e, a través do mesmo e mediante un xogo de prismas, os viaxeiros que cheguen a Vigo poderán observar a "postal" da Ría desde a propia plataforma, indicou o arquitecto. A gran praza superior contará ademais cun anfiteatro, xa que se proxecta a construción dunha pantalla para a proxección de todo tipo de imaxes.

No lado oposto, explicaron, a gran praza culmina cun novo graderío e establecementos, a unha altura levemente inferior -similar á conexión de Vía Norte coa praza-, no que os cidadáns poderán novamente acceder e tomar asento con vistas á Ría. Alí se proxecta a construción dun paseo miradoiro cunha varanda. Así, mediante este xogo de tres alturas, este paseo se atopa en altura uns metros por debaixo da gran praza, non impedindo a visibilidade á mesma, igual que a gran praza non dificulta as vistas desde a rúa Vía Norte.

Na parte máis baixa de Vía Norte, no lado oposto á confluencia con Urzáiz, se localizará a entrada dos vehículos, afirmou Thom Mayne, que irán cun acceso directo desde a entrada a Vigo ao aparcadoiro da estación.

Tres entradas
Xunto coa entrada da gran praza superior, Mayne propón dúas entradas máis á estrutura para os cidadáns. Unha delas é o acceso actual, cun espazo que se elevará para constituíla nunha praza propiamente dita de aspecto tradicional, posiblemente en pedra, e unha fachada do edificio.

Ademais, a terceira entrada estará localizada no lateral da estrutura, onde nestes intres está ubicadas as vías do tren, que serán substituídas por un paseo verde ao pasar a ser a entrada ferroviaria soterrada en 15 metros. O futuro paseo se elevará, explicaron Thom Mayne e Abel Caballero, para dar entrada á estación aos viandantes.
Descargar todas as imaxes