Escoitar

Os técnicos de Urbanismo indican que o Plan Xeral cubre os obxectivos de vivenda protexida do Plan Sectorial

A Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento este xoves do infome elaborado polos técnicos de Urbanismo sobre o Plan Sectorial Galego de Solo Residencia proxectado para Vigo pola Consellería de Vivenda. O texto afirma que o Plan Xeral satisface a demanda de vivendas de protección en Vigo e desenvolve as que plantea o Plan Sectorial.

xoves, 18 dec 2008
A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo tomou este xoves coñecemento do informe elaborado polos técnicos municipais sobre o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial, proxectado pola Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia para a cidade, un texto que afirma que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo satisfai de por si os obxectivos do Plan Sectorial no tocante á vivenda protexida.

O pasado 26 de outubro chegou a Vigo o Plan da Consellería de Vivenda, que estipula un prazo de dous meses para que o Concello elabore o seu informe previo ao respecto, do que hoxe xoves se tomou coñecemento na Xerencia e o próximo luns o fará o Pleno da Corporación.

O informe extrae dez conclusións, indicando que o Plan Sectorial "puidera invadir competencias municipais" que obrigaría a modificar o PXOM de Vigo. Sinala ademais que Vigo "ten un planeamento xeral adaptado á lexislación urbanística vixente con capacidade e folgura suficiente para acoller as demandas de protección programadas no Plan Sectorial Galego de solo residencial".

El texto afirma que el Plan Sectorial "afecta á programación e á estratexia das infraestruturas necesarias para as actuacións previstas", sen garantilas, que afecta a distintos parámetros e que "non garante suficientemente a viabilidade da execución, que non conta coa previsión económica de fondos suficientes".

Subliña asemade o informe técnico que, no caso de que Vivenda patrimonialice o 100% do aproveitamento, "podería provocar unha perda de 66,3 millóns de euros" para o Concello de Vigo. Salienta igualmente que o Plan contempla o atraso ao segundo quinquenio de actuacións previstas no PXOM para o primeiro cuadrienio.

O texto salienta que o Plan Sectorial "adolece dunha falta de estudo concreto dos ámbitos das actuacións nas que se produce incrementos de edificabilidade", e que "non efectúa un estudo da paisaxe nin analiza elementos de valor paisaxístico", "nin contén indicadores de seguimento da sostibilidade".

O informe dos técnicos de Urbanismo recomenda, para finalizar, "incrementar a coordinación e cooperación entre a Consellería de Vivenda e o Concello de Vigo na liña de colaborar na solución da demanda de vivenda de protección, a partir da execución do Plan Xeral de Ordenación Municipal".