Escoitar

Chegada do Nadal ás ludotecas de Vigo <br />

As ludotecas presentan a programación de cara ao mes de decembro co tema do Nadal como protagonista<br /> As ludotecas municipais son un espazo de xogos, dirixido a nenos e nenas de entre 4 a 12 anos, con salas acondicionadas para poder desenvolver unha morea de actividades no tempo de lecer. <br />

mércores, 26 nov 2008
1227706262ludotecas.jpg
Na ludoteca da Casa da Xuventude (López Mora, 31), e co título "O noso cóctel de Nadal", levarán a cabo diversos obradoiros como o de adornos para a ludoteca, o de agasallos para o amigo invisible, o de instrumentos musicais para a comparsa que sairá cantando panxoliñas, o do belén para o concurso de Caixanova, etc. Representarán unha obra de teatro e montarán o tradicional "mercadiño" no que se ofertarán adornos do Nadal e outros obxectos confeccionados polos nenos e nenas nos diferentes obradoiros.

O espazo de integración Hoy por Mañana (Sagunto, 86) celebrarán as festas do Nadal coa visita de Papá Noel e a de Fin de Ano, vestidos de gala e con badaladas. Decorarán a ludoteca con todo tipo de adornos propios destas datas e elaborados con materiais de reciclaxe e papeis brillantes: campaíñas, anxos, debuxos tradicionais para as ventás,...e unha árbore xigante de Nadal en tres dimensións con cartón e arame. Farán tamén o seu particular sorteo de lotería, "A ludotería".

"Un ludonadal de novo" para os nenos e nenas que acudan á ludoteca de Lavadores, que participarán nun concurso de adornos do Nadal organizado por Radio Vigo e C.C.Praza E. E elaborarán un nacemento en plastilina. Para que participen nenos, nenas, nais e pais terán un "obradoiro familiar", e tamén recibirán a visita de Papá Noel e do Carteiro Real. A festa de despedida do ano farase por todo o alto con música, baile, badaladas, xogos...

Pola súa banda, a ludoteca de Coia (Pavillón deportivo. Avda. Castelao) celebrará un concurso de postais e xogarán á Lotería da Ludo co agasallo dunha grande cesta moi orixinal que conterá xogos, doces, etc. Nos diferentes obradoiros elaboraranse bonecos de neve con pompóns, salvamanteis de Nadal, boliñas de cristal...Celebrarán un festival de habilidades (desfiles, bailes) e a cea de gala de Fin de Ano.
Descargar todas as imaxes