Santos Héctor investirá 6,5 millóns de euros en 2009 para o fomento do emprego<br />
A cantidade supera o 100% do destinado aos efectos en 2007, un "esforzo" que permite na actualidade contar con 300 persoas contratadas nos distintos programas da Concellería de Promoción Económica e Emprego. En Participación Cidadá, Santos Héctor adiantou que se creará no propio departamento un servizo de asesoramento ás asociacións.
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou este martes os seus orzamentos para 2009, nos que contará con 6,5 millóns de euros para o fomento do emprego na cidade, o que supera nun 100% o destinado en 2007.
O edil socialista mostrouse "moi satisfeito" polo "gran esforzo" realizado para que a Concellería incremente os seus orzamentos nun 2,6% con respecto ao 2008, e salientou o "importante traballo" do goberno para conseguir fondos adicionais tanto da Xunta de Galicia como da Unión Europea. Santos Héctor explicou que o esforzo realizado permite na actualidade ter a 300 persoas contratadas nos distintos programas que xestiona Promoción Económica e Emprego.
O concelleiro detallou os programas que están en marcha, cos que se pretende chegar aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, e se abordan todos os factores con posibilidades de xerar emprego, como o fomento do cooperativismo ou o autoemprego, exemplificou.
Xunto aos programas xa en marcha, Santos Héctor avanzou que no 2009 se iniciará o Vigo Colaborando, un plan experimental que traballará con 400 persoas baixo o obxectivo de empregar ao 60% dos mesmas ao remate da iniciativa. O socialista adiantou ademais que está a realizar os trámites precisos para que o Ministerio de Economía aporte o vindeiro ano 4 millóns de euros máis á promoción económica e do emprego.
Santos Héctor sinalou que o traballo é prioritario para o goberno local, polo que "non imos escatimar recursos para seguir favorecendo o emprego na nosa cidade", afirmou, e se continuará a adicar "un plus de esforzo" aos colectivos con dificultades de inserción laboral.
O concelleiro quixo agradecer a "cooperación" da Xunta de Galicia, que achega máis de 3 millóns de euros a Vigo, fronte aos 725.000 conseguidos no exercizo do 2007.
Asesoramento a asociacións
Santos Héctor subliñou que no 2009 se creará unha oficina no propio departamento de Participación Cidadá dirixida ao asesoramento legal das asociacións inscritas no rexistro municipal que o precisen. Deste xeito, o edil prevé axudas ás entidades, por exemplo, para solicitar e xustificar as subvencións e para calquera cuestión do funcionamento diario do organismo.
Ademais, Participación Cidadá manterá no 2009 as liñas de subvencións para as asociacións da cidade, en particular das veciñais, dirixidas ao fomento das súas actividades e ao mantemento e equipamento das mesmas. O importe destinado a estes fins superará os 365.000 euros.
No 2009, o concelleiro levará ao rural, segundo indicou, tres novos centros municipais de Internet, que se sumarán aos xa existentes en Sampaio, Candeán, Cabral ou San Andrés, entre outros. Os emprazamentos será igualmente empregados para a formación e información dos veciños nas tecnoloxías da información.
Descargar todas as imaxes