Escoitar
O "Centro de Desarrollo de Iniciativas Empresariales MITA ONG" é unha Organización Non Gubernamental sen ánimo de lucro, especializada no fomento, creación e desenvolvemento de microempresas para inmigrantes e mullere

Presentación da nova sé de MITA ONG en Vigo

O Centro de Desenvolvemento de Iniciativas Empresariais, MITA, é unha ONG especializada no fomento, creación e desenvolvemento de microempresas para inmigrantes, elabora plans de empresa, asesora en todo o proceso de creación do novo negocio e ofrece cursos e talleres de xestión empresarial.A presentación terá lugar o martes 25 de novembro ás 20:00 horas no Centro de Cívico Casco Vello de Vigo.

luns, 24 nov 2008
MITA ten 10 anos de experiencia no apoio aos inmigrantes empresarios e durante o seu labor recibiu recoñecemento de diversas entidades. O último, o Premio Intereconomía á Mellor Asociación que realiza traballo con Inmigrantes, este mesmo ano. Coa iniciativa pretendese contribuír á integración dunha parte da poboación que, aínda que con iniciativa empresarial, non atopan os medios adecuados para establecer a súa propia empresa.

O mesmo día da presentación, MITA impartirá un taller empresarial, que comezará ás 10 da mañá e que terá lugar no Centro Cívico Casco Vello de Vigo. O taller dividirase en dous partes, a primeira centrarase en aspectos económicos e a segunda, que se impartirá a partir das 4 da tarde, en aspectos legais; ambos necesarios para a elaboración do plan de empresa e o establecemento da mesma.

Unha vez finalizada a formación, procederase á presentación oficial da nova sé, que contará coa presenza do concellerio de Emprego, Santos Héctor Rodríguez Díaz, así como a directiva e persoal da nosa nova sé.

A presentación terá lugar o vindeiro martes 25 de novembro ás 20:00 horas no Centro de Cívico Casco Vello de Vigo. Rúa de Oliva 12, Vigo.

Máis información