Últimos días para visitar no Verbum a mostra sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro
Ata o domingo 30 de novembro podese visitar no museo VERBUM-Casa das Palabras- a exposición adicada á figura do escritor Celso Emilio Ferreiro, horario de martes a domingo de 10 a 19 horas.
A mostra presenta a vida e obra do poeta mediante paneis informativos que repasan a través de textos e imaxes a súa traxectoria vital desde Celanova até Madrid, pasando pola guerra en
Asturias ou o exilio en Caracas. Ademais, dúas vitrinas exhibirán ao público un conxunto de obxectos
persoais pertencentes a Celso Emilio.
Os visitantes poderán tamén acceder á proxección dun documento audiovisual realizado con imaxes e
músicas extraídas da obra Fotobiografía Sonora de Celso Emilio Ferreiro. Este libro CD, editado por
Ouvirmos, aproxímase ao autor a través de máis de cen fotografías do seu álbum familiar e de dous CD's nos que se recolle a propia voz do poeta, así como unha escolma dos seus poemas musicados.
A fotobiografía sonora de Celso Emilio Ferreiro é unha innovadora forma de achegarnos á obra do autor dende diferentes perspectivas e dunha forma plena. A voz de Celso Emilio Ferreiro é una das voces máis importantes da nosa literatura que alimentou coa súa palabra a varias xeracións de músicos e poetas.
Proponse con esta exposición unha mostra de literatura para ollar e para ouvir. Un percorrido por máis dun cento de imaxes que marcaron a vida do autor, seleccionadas por Carlos Díaz e comentadas por Ramón Nicolás, Xurxo Souto e Mónica Rodríguez, ilustrarán un poema representativo que nos permitirá un estudo por décadas do universo literario e persoal de Celso Emilio Ferreiro.
Pero quizais o máis excepcional desta mostra é que nos permite a posibilidade de escoitar ao propio autor recitando un dos seus poemas ou ouvir cómo moitos autores do renome de Suso Vaamonde, María Manuela, Los Tamara ou Fuxan os Ventos interpretaron os seus textos.
TEMPORIZACIÓN: 1h (visitas guiadas)
De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00h (visitas guiadas)
INFORMACIÓN E RESERVAS: tfn: 986 240 130
Descargar todas as imaxes