Aberto o prazo do programa "Xantar na casa"
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para o programa "xantar na casa", servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades de persoas maiores e/ou dependentes, con déficits de autonomía persoal, para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
Destinatarios: persoas maiores de 60 anos ou con discapacidade que requiran deste programa
Apertura de prazo: dende o 20 de novembro de 2008
Presentacion de solicitudes: no departamento de Benestar social, nas diferentes UBAS,
e no Rexistro xeral do Concello.
Para máis información: Departamento de Benestar social
Tlfnos: 986810129 / 986810288
Son beneficiarias do programa "xantar na casa" as persoas empadroadas no Concello de Vigo e que cumpran os seguintes requisitos:
1.Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que puidera suplir tal situación.
2. Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e que requiren de axuda para a preparación de alimentos.
3.Persoas menores de 60 anos e maiores de 18 en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do Concello e sempre que se estea intervindo desde outro programa para resolver a súa situación de exclusión.
Os xantares entregaranse nun único día da semana ás persoas beneficiarias do programa que recibirán no seu domicilio 7 bandexas diferentes co xantar para cada día da semana durante o período no que se atope de alta no servizo.