A Casa Galega da Cultura abre a exposición "AFINIDADES SELECTIVAS # 2"
Por segundo ano consecutivo preséntase o proxecto expositivo "Afinidades selectivas" na Casa Galega da Cultura, froito dun convenio entre a concellería de Cultura e Animación Sociocultural e o vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo. A exposición que se pode visitar do 21 de novembro ao 11 de xaneiro, é un traballo de intercambio de afinidades entre profesores e alumnos da Facultades de Belas Artes.
Na pasada edición, fai hoxe un ano,Susana Cendán, profesora de Historia da Arte e artífice do proxecto, propuxo un intercambio de afinidades entre profesores e alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a idea era escoller catro alumnos e que estes á súa vez, escollesen catro profesores como parellas artísticas.
Este ano, o comisario da exposición Nano4814, escolleu aos oito participantes: Juan Loeck (Santander, 1959), Elena Fernández Prada (León, 1971), Anne Heyvaert (Memphis Estados Unidos, 1959) e Ignacio Pérez-Jofre (Madrid, 1965) todos profesores e artistas de recoñecido prestixio que compartirán espazo expositivo con Carlos Illa (A Estrada, Pontevedra, 1981), Sara García, (Xixón, 1983), Olmo Cuña Carracelas (Vigo, 1983) e Nano4814 (Vigo, 1978), ex alumnos recentes da Facultade de Belas Artes.
Ignacio Peréz-Jofre e Nano4814 realizarán un mural a dúas mans in situ titulado "Bosque" de dimensións 270 x 725 cm. sobre un panel fabricado ex profeso.
Elena Fernández Prada presenta un debuxo realizado con tinta e acuarela de grandes dimensións titulado "A árbore de Audubon", baseado na obra de John James Audubon para crear unha escenificación inquietante.
Sara García presenta tres libros de contabilidade "Debe y Haber" transformados en obxectos-recipientes dos seus debuxos e caligrafías.
Olmo Cuña Carracelas e Anne Heyvaert realizaron un proxecto conxunto que ten como protagonista ao papel como soporte, Olmo pintou unhas paisaxes ao óleo sobre pequenos papeis post-it, unha metáfora sobre a mensaxe, a memoria e o esquecemento e Anne contrapón un trompe l'oeil dun post-it baleiro que fai referencia ao "aínda por contar", ou por vivir.
Juan Loeck presenta unha obra que reflexiona sobre o concepto das "vanitas" e Carlos Illa propón a súa particular ofrenda á vanitas vanitatum de Loeck con dúas esculturas realizadas con cartón que aúnan conceptos da Arte Pop e minimalista.