Pedro Nimo e Marta Fernández serás as estrelas da trixésima edición do Memorial Belarmino Alonso
Pedro Nimo, tricampión do Memorial Belarmino Alonso (2004, 2005 e 2007), confirmou a súa asistencia á trixésima edición do evento, que hoxe se presentou no Concello. A proba de campo a través máis veterana de Galicia disputarase o próximo día 30 no paseo do Lagares (ponte de San Andrés), circuíto utilizado pola organización, o Comesaña Sporting Club, dende 1990.
A día de hoxe xa hai 65 inscritos na tradicional proba federada para categoría xuvenil e júnior, promesa e sénior, cadete, infantil e alevín, todas tanto masculinas como femininas, aínda que Belarmino Alonso, presidente do Comesaña Sporting Club, avanzou que serán moitos os participantes que se decidan a inscribirse o último día (o 25 deste mes por correo, o 28 por internet) e "a participación será máis ou menos a do ano pasado", dixo, é dicir, uns 600 atletas federados de todas as idades, que competirán desde as 10.30 horas.
Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, aplaudiu o traballo da organización asegurando que chegar á edición número trinta non é casual, senón froito de que "hai un pouso, unha organización e unha estrutura de todo", e lembrou que o Comesaña, fundado en 1915, é o decano do atletismo galego. O edil felicitouse pola participación de Nimo, "un referente no atletismo galego", e amosouse convencido de que "manter o Memorial aberto para categorías base danos unha continuidade" nunha disciplina na que Vigo deu grandes campións como Estela Estévez, Julia Vaquero, Álvarez Salgado ou Carlos Pérez. "O cros ten unha tradición moi importante na cidade e é un referente do deporte vigués", concluíu.
O circuíto, á beira do río, permite ao espectador seguir as carreiras sen dificultade, porque "é unha proba moi visual", manifestou o concelleiro, que ademais advertiu de que "como veña un día de choiva, o circuíto adquire unha dureza moi grande".
Belarmino Alonso confirmou a presenza do equipo feminino do Comesaña (Marta Fernández, a portuguesa Patricia Pereira, Águeda Blanco...), a participación da lusa Albertina Cunha (CRDC Santiago Penafiel) e, en homes, do segundo clasificado do ano pasado, o portugués Bruno Jesús (CRDC Santiago Penafiel) e de Víctor Riobó, ademais de Nimo, que xa ameaza os cinco títulos de José Ramón Rey.
A temporada atlética de 2008 aínda ten varias probas programadas na cidade como o Trofeo Caixanova (Balaídos) este fin de semana, a Subida ao Castro (13 de decembro), o Memorial Andrés Abanqueiro de cros (14 de decembro) e a Carreira do Pavo (21 de decembro), segundo explicou Eleuterio García, presidente da Delegación Viguesa de Atletismo.
Descargar todas as imaxes