Escoitar

A mesa do textil, presidida polo alcalde, avoga pola formación e a innovación para garantir o futuro do sector

Este xoves se celebrou a primeira sesión da mesa sectorial do téxtil, presidida polo alcalde de Vigo, que pretende analizar a situación desta industria na cidade para abordar posibles actuacións coordinadas. O téxtil na área metropolitana da cidade factura preto de 75 millóns de euros e emprega a unhas 1.200 persoas.

xoves, 20 nov 2008
1227189879P1010149.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este xoves o primeiro encontro da mesa sectorial do téxtil, auspiciada polo propio rexedor local para estudar a situación desta industria na cidade e definir posibles actuacións coordinadas para paliar os efectos da crise.

Abel Caballero se entrevistou hoxe con José Bahamonde, presidente de TexVigo; Francisco Martínez Paz, arquitecto; Armando Silva, vicepresidente de TexVigo e representante da empresa Maissinal; Roberto Álvarez, asesor; Alberto Rocha Guisande, Secretario Xeral de COINTEGA (Confederación de industrias téxtiles de Galicia); Sandro Portela, Xerente de Oky-Coky; e Manuel Sánchez Mazas, Xerente de Sánchez Mazas S.L.

TexVigo conta cun Parque Empresarial e un Centro de Negocios que avoga pola formación e a innovación para afrontar os retos do futuro máis inmediato, ferramentas ás que se suma a procura de sinerxias mediante a cooperación empresarial como modo para garantir o futuro do sector.

O Parque Empresarial pretende xuntar nun único espazo físico unha parte importante do sector téxtil do sur de Galicia, unindo a actividade das empresas cun gran centro tecnolóxico e formativo sobre a moda e o sector en xeral.

Igualmente se creará un centro de negocios, onde se instalarán máis de 40 show-rooms co fin de concentrar o maior número posible de marcas, conseguindo así que o parque téxtil sexa un punto de encontro de detallistas, comerciantes e todas aqueles interesados no canal multimarca.

O centro de negocios, do que aínda quedan prazas vacantes, procura facer de Vigo un referente sobre formación e tecnoloxía para o sector, promover a cooperación empresarial, retirar a actividade fabril da cidade e ser, en definitiva, un exemplo a seguir para outros sectores.

TexVigo integra a máis de 40 empresas, que ocupan máis de 100.000 metros cadrados de superficie, que dan emprego a 1.200 cidadáns. A entidade aglutina no seu Parque Empresarial ao 72% do total da facturación do sector na área metropolitana viguesa, uns 53 millóns de euros fronte aos case 75 millóns do total.
Descargar todas as imaxes