María Méndez destaca o labor da ONG INPRHU-Somoto na mellora da calidade de vida en Nicaragua
A concelleira de Benestar Social e membro da executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, María Méndez, salientou o traballo que desenvolve a ONG INPRHU-Somoto na mellora das condicións de vida en Nicaragua. Na presentación dos programas que se desenvolven neste país latinoamericano, ademais da edil participaron as representantes desta ONG Rosario Cáceres e Nelys Reyes, quenes explicaron que os proxectos que se levan a cabo buscan a superación da pobreza e o freo da emigración.
A concelleira de Benestar Social salientou que a cooperación co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade implica que representantes deste organismo viaxen aos países nos que se invisten os cartos, pero tamén que as persoas deses países, neste caso Nicaragua, "viaxen as nosas cidades para que coñezan a organización e nos transmitan de primeira man o que alí se fai". Neste sentido, Rosario Cáceres e Nelys Reyes serán as encargadas esta tarde de impartir o relatorio "Achegando a formación profesional ao rural nicaraguano", na Casa Galega da Cultura.
"Como integrante do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Vigo colabora na construción de vivendas na provincia nicaraguana de Madriz", explicou María Méndez, quen sinalou que a achega que se destina a este proxecto ascende a 62.000 euros. Fomentar a información, o autogoberno do campesiñado e a capacitación para desenvolver labores agrícolas e artesanais nas comunidades rurais para reducir a pobreza, así como traballar dende as perspectivas de xénero e dos criterios sustentabeis son os principais obxectivos da ONG INPRHU-Somoto, entidade coa que o Fondo Galego colabora en Nicaragua, segundo sinalou a concelleira de Benestar Social. "Trátase da primeira ONG creada neste país, que adquiríu a súa plena personalidade xurídica cando triunfou o sandinismo", indicou, ao tempo que salientou que Rosario Cáceres e Nelys Reyes falarán "das súas necesidades, os seus problemas e o que están a facer para mellorar a calidade de vida en Nicaragua".
Rosario Cáceres, pola súa banda, agradeceu o interese por Nicaragua, "un país con moitos recursos pero que por diferentes circunstancias non se explotan e non chegan aos maís pobres". Na súa intervención explicou que INPRHU-Somoto aposta pola produción agropecuaria e pola educación co obxectivo de superar a pobreza desta provincia "que ten os maiores índices de desnutrición dos nenos e nenas entre 6 e 10 anos". Partindo desta realidade, a ONG desenvolve diversos proxectos, un deles destinado a protexer os dereitos dos menores e así evitar o traballo infantil e a prostitución. O programa do sector agropecuario atende ás familias máis pobres e coas terras máis pequenas, de xeito que os propietarios poidan incrementar a produción con procedementos ecolóxicos.
"O noso programa máis novidoso é o dirixido a adolescentes que debido ao illamento das súas comunidades non teñen alternativas", indicou Rosario Cáceres. O obxectivo que se quere acadar é dobre: por unha banda proporcionarlles ferramentas axeitadas coas que desenvolver o autoemprego e por outra evitar a emigración dos xóvenes máis formados. "Na actualidade hai un millón de nicaraguanos fora do país", sinalou ao respecto. Finalmente, explicou o proxecto de desenvolvemento rural, ao que o Concello de Vigo aporta a súa colaboración. "Traballamos por construir vivendas dignas e priorizamos ás familias máis vulnerabeis, como mulleres soas ou mulleres soas con familia numersoa", subliñou. Neste sentido indicou que as persoas adxudicatarias das vivendas comproméntense a colaborar na construción da vivenda, e no caso de existencia de nenos e nenas a que non abandoen a escola.
Descargar todas as imaxes